Notas de prensa

A conselleira de Pesca culmina o seu percorrido polas instalacións das empresas galegas ubicadas en Namibia

Na actualidade, oito empresas de Galicia están instaladas neste país africano xerando entre 6.000 e 7.000 postos de traballo.

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, acompañada polo Ministro de Pesca namibio, Ibrahim Iyambo, e pola Embaixadora española, María Victoria Scola, culminou a súa visita ás empresas galegas con instalacións en Namibia. Durante este percorrido Carmen Gallego puido transmitirlles a cada un dos responsables destas firmas a intención do Goberno galego de seguir cooperando co Reino de Namibia na promoción do consumo de peixe entre a súa poboación e en temas relacionados coa formación e o control da calidade. Ademais, insistiu na vontade da Consellería de colaborar nas campañas de investigación que se leven a cabo no caladoiro namibio, de grande importancia para a frota galega.

Boa proba do interese que esperta Namibia entre os empresarios pesqueiros de Galicia son as inversións que levan feito nesta rexión africana. En concreto, as oito empresas de capital galego asentadas neste país levan investido máis de 120 millóns de euros e xerado entre 6.000 e 7.000 postos de traballo, o 90% dos cales correspóndense con persoal namibio. Ademais, a facturación total destas empresas ascende, aproximadamente, a 180 millóns de euros.

A Conselleira de Pesca tamén puido coñecer as instalacións do Instituto Náutico-Pesqueiro de Walvis Bay (Namfi), onde o departamento que dirixe está a levar a cabo varios proxectos co obxectivo de apoiar a formación dos mozos namibios en materia náutico-pesqueira. Máis específicamente, o que se pretende é apoiar ao Namfi na adaptación da súa oferta formativa ás necesidades do sector pesqueiro e fortalecer as capacidades técnicas do Instituto nas áreas de tecnoloxía da pesca e de pesca responsable. Carmen Gallego transmitiullles aos representantes do centro que en decembro poderán contar con dous técnicos da Consellería desprazados dende Galicia para colaborar nas tarefas docentes. Ademais, puxo a disposición do Instituto as instalacións que a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ten en Galicia para acoller e formar a técnicos namibios, tal e como lle adiantou en días pasados ao Primeiro Ministro, Nahas Angula.

Foto:A Conselleira de Pesca, Carmen Gallego, xunto co director xeral do grupo Pescanova para a África Austral, Ángel Tordesillas, durante a visita ás instalacións da empresa.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2006-11-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES