
Moitos profesionais descoñecen o froito de alianzas como a que manteñen desde hai pouco máis de dous anos o Igape e a Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia (ATA-Galicia). Nese tempo programaron e executaron cinco proxectos no marco do Plan de Consolidación e Competitividade da Peme, unhas iniciativas que axudaron a dous centos de pequenos empresarios ou autónomos a situarse no carreiro da innovación. AsÃ, empresas galegas do sector da alimentación, o transporte ou o comercio minorista contan xa cunha ferramenta de autodiagnose útil para mellorar a súa competitividade. O sexto proxecto está en marcha e ofrece planos de mellora a empresas do sector da moda e os complementos, firmas de pequeno tamaño, de non máis de seis empregados que deben de competir nun mercado moi competido.
Outra liña de proxectos posibilita o acceso de case un cento de pemes de Galicia á sociedade da información a través de presenza e uso da web ou da creación e desenvolvemento dunha imaxe corporativa. Non é preciso ser un dos máis de 14.000 asociados a ATA-Galicia para beneficiarse destas iniciativas gratuÃtas cuxa continuidade está prevista durante polo menos dous exercicios máis e que para algúns son pouco menos que un agasallo. “Ocorreunos que algúns pensaban que era algo que dábamos polo Nadal ou por Reis”, explican os responsables da asociación de autónomos.
Asesoramento profesionalizado
Porque a proxectos como o de mellora de xestión e organización sácaselles partido tras un sinxelo proceso que mostra os resultados en apenas uns meses. “Membros dunha consultora, coa que previamente chegamos a un acordo para desenvolver o proxecto, realizan unha primeira visita á empresa -explica Luisa Souto, secretaria xeral de ATA-Galicia- para levar a cabo unha análise previa sobre a situación dese negocio no sector. Aà entran conceptos tales como o xeito de dirixila, a relación cos proveedores, as formas de pago, a publicidade e difusión do produto, as bases de datos e o seu emprego”.
É un repaso exhaustivo e individualizado no que se identifican puntos fortes e débiles dunha empresa ou da actividade dun autónomo, un proceso de reflexión no que se define o modelo óptimo de funcionamento para que o profesional obteña o maior proveito do seu traballo e que non ten fin porque trala entrega dunha ferramenta de traballo pensada para extraer o potencial dunha idea empresarial, o seguimento é contÃnuo. “Dispoñen dese software que lles axuda a seguir polo camiño indicado, pero tamén se lles segue tutelando e de feito acoden a nós para recibir asesoramento cando acometen reformas estructurais no negocio, cando queren trocar equipamentos ou enfocar o seu produto cara outro tipo de cliente”, apunta Rafael Granados, presidente de ATA-Galicia, que recoñece que o principal problema co que se topan á hora de divulgar estas axudas é o da desconfianza. “Débese á falta de información -resume- por iso traballamos para que os nosos asociados e os que non o son saiban que hai uns fondos e un diñeiro que se move para eles e que nós, como organismo intermedio, coa axuda do Igape, podemos acceder a esas subvencións”.
Optimismo cara ao futuro
Está subxacente a falta de cultura asociacionista. AÃnda hai moitos autónomos que fan honor a esa etiqueta e que ignoran as vantaxes que poden extraer de plans como o que fomenta a consolidación e competitividade das pequenas e medianas empresas, pero Granados mira cara ao futuro con optimismo. “Os autónomos sempre nos queixamos moito, pero agora temos axudas e estamos de moda. A supresión do IAE foi un gran paso adiante e agora co Estatuto do Traballador Autónomo imos camiño do futuro”, matiza. Pero tamén advirte: “O autónomo que non se asesore está ancorado no pasado”.
Este órgano está formado por 12 expertos de recoñecido prestixio, tanto a nivel galego como internacional, nos ámbitos cientÃfico, tecnolóxico, empresarial e das polÃticas públicas. Na actualidade a Comunidade despunta en ámbitos como a biotecnoloxÃa, a intelixencia artificial ou a computación cuántica e acada numerosos fitos. O obxectivo deste consello asesor é apoiar e asesorar ao Executivo autonómico nas súas polÃticas públicas de I+D+i para seguir acadando éxitos e posicionando Galicia como un territorio de referencia nesta materia. As persoas que forman parte deste organismo, ademais do conselleiro, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, son cinco no eido da investigación, tres no das polÃticas públicas e catro no ámbito da innovación, empresa e emprendemento.
Galicia consolida a súa posición como a comunidade española que máis logrou reducir en 2024 as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (GEI) con respecto a 1990, ano de referencia a nivel comunitario para as polÃticas en materia de clima. En concreto, a baixada rexistrada neste perÃodo foi do 68,5% fronte ao 12,8% no que se sitúa a media nacional. Os últimos datos oficiais dispoñibles volven situar a Galicia á cabeza da clasificación nacional en canto a redución de emisións netas. No perÃodo 1990-2024 Galicia logrou reducir en máis de dous terzos as súas emisións netas e tamén é a comunidade española que lidera a baixada de emisións GEI interanual, cun 9,8% menos que en 2023.