O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, participou en Vigo na gala dos premios Tesoira 2006, onde salientou a importancia de apoiar aos novos valores da moda galega porque eles son a canteira e o futuro do sector téxtil en Galiza. Sodes vós quen asegura o relevo xeracional no sector, apuntou dirixíndose aos participantes. Quintana lembrou o gran prestixio e o recoñecemento internacional do que gozan xa os deseños galegos, así como a posición punteira da industria téxtil galega, e animou a non conformarnos con este estatus e a seguir apoiando a esta industria a través do respaldo á xente moza e aos novos creadores.
Para o vicepresidente Galiza conta cun gran capital humano de xóvenes creativos, con talento e ilusión que poden contribuír a enriquecer a moda galega. Por isto, amosou o compromiso do seu departamento cos xóvenes do país, co seu traballo e coas súas creacións, un apoio que se materializa a través do certame Tesoira 2006, iniciativa que Quintana considera como unha plataforma de lanzamento para proporcionarlles aos mozos e mozas unha proxección cara o mercado e cara ao público en xeral. Ademais, Anxo Quintana adiantou que cara a vindeiras edicións a Vicepresidencia potenciará aínda máis o aspecto formativo do certame, dándolle aos gañadores a posibilidade de acceder a un período de formación de calidade nalgunha institución de recoñecido prestixio, á que posiblemente doutro xeito non terían acceso.
Quintana, que foi o encargado de entregar o primeiro premio do certame, destacou tamén que a través desta iniciativa búscase propiciar a igualdade de oportunidades, apoiando aos novos creadores fronte a aqueles xa consolidados, ao tempo que se lles ofrece aos novos valores unha formación posterior que garante a aprendizaxe e o intercambio de experiencias. Finalmente, o vicepresidente da Xunta agradeceulle a todos os participantes o seu esforzo, felicitou aos gañadores e animou a todos eles a seguir traballando fieis ás vosas ideas e á vosa personalidade, o que vos proporcionará os maiores éxitos e as maiores satisfaccións profesionais.
Gala Tesoira 2006
O xurado da mostra seleccionou dez coleccións, entre as 47 que se presentaron este ano, en nas que hai dous deseñadores de A Coruña, tres de Ourense, catro de Pontevedra e unha de Vigo. O certame, organizado pola Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude, está dotado de tres premios e varias axudas que consisten en 3.000 euros para o primeiro, 1.500 para o segundo e 1.000 euros para o terceiro. Ademais, os gañadores realizarán a formación textil cos deseñadores Cristóbal Vidal, Pilar Bande e María Mariño e haberá unha bolsa de 3.000 euros destinada á formación textil para cada un dos finalistas, nas que colabora a Consellaría de Innovación e Industria.
A actriz galega, Marta Pazos, presenta a gala desta noite, que é retransmitida pola TVG. Mentres o xurado delibera está prevista a actuación do grupo de danza contemporánea `Nova Galega de Danza´, que en menos dun ano convertíuse na gran aposta da danza en Galicia polo seu estilo, no que misturan o baile moderno e a música como dúas partes da mesma peza.
O xurado está formado por Cristóbal Vidal (deseñador), María Mariño (deseñadora), Pilar Bande (deseñadora), Guillermo Gómez Espinosa (responsable académico), Dolores Dopico (responsable académica), Marta Mª Rodríguez Araujo (responsable académica) e Javier Herranz (fotógrafo de moda).
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.