Notas de prensa

Tres xeracións de artesáns e músicos inauguran unha impresionante web sobre o mundo da gaita

Preséntase no Salón da Actos da Fundación Luis Seoane de A Coruña a nova páxima web do Obradoiro de Gaitas Seivane.

A familia Seivane atesoura unha longa traxectoria na recuperación, consolidación e promoción da música popular galega e da gaita, sendo na actualidade o obradoiro máis importante,
non só pola cantidade de unidades producidas, senón tamén pola súa calidade, unánimemente recoñecida nos ambentes musicais de Galicia.

O Obradoiro de Gaitas Seivane da un paso fundamental de cara a súa consolidación como primeiro productor de gaitas de Galicia, lanzándose a promoción exterior con proxección de futuro ó incorporarse de forma decidida á Sociedade da Información.

A súa nova páxina marca un punto de inflexión na presenza en internet dos fabricantes de gaitas.

Os aspectos que destacan na nova web son:

- Deseño elegante cun claro enfoque cara a facilidade de navegación.
- Unha vocación exportadora, ó presentar a páxina en catro idiomas: inglés, francés, castelán e galego.
- Exhaustiva presentación da empresa: a súa historia, as persoas, as instalacións e os procesos de produción.
- Un centro de documentación sobre a gaita galega con imáxes históricas, manual de emprego e consellos prácticos, módulo interactivo das posicións de dixitazación e un espazo de descarga de temas tradicionais con sons e partituras.
- Unha completísima mostra dos productos que o obradoiro elabora acompañados dunha detallada información.
- Un espazo de comercio electrónico dende o que se pode adquirir as gaitas, o Seipal e o resto de complementos que o Obradoiro produce.

A función máis descatada e innovadora da páxina a nivel mundial é, sen dúbida, a creación de un Configurador de Instrumentos. Con el, o usuario pode crear a súa propia gaita a medida e personalizala según os seus gustos entre os centos de opcións que o Obradoiro de Gaitas Seivane ofrece aos gaiteiros de todo o mundo.

A través de sinxelos pasos, o visitante vai elexindo as diversas opcións: tonalidade, madeira, elementos sonoros, anelado, tipo e grabado do anelas, clase e decoración da funda, texto de persoalización e estatura do gaiteiro. En cada momento, o usuario vai coñecendo o prezo da gaita que está configurando e, no paso final, mostrase unha fotografía de extraordinaria calidade do instrumento que acaba de configurar.

Este sistema, permite comprar ese producto ou retroceder nos pasos necesarios para configurar un novo modelo e xerar a súa fotografía.

Con esta importante iniciativa, o Obradorio de Gaitas Seivane pon de manifesto a potencialidade das micro-empresas artesanais galegas e o seu progreso equilibrado que, sen renunciar á autenticidade do traballo artesanal, ocupan un lugar relevante na producción de maior calidade, creatividade e innovación de Galicia.

www.seivane.es

Asociación Galega de Artesáns, 2006-11-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES