O consello de Administración da Sociedade Pública de Investimentos (SPI), dependente da Consellería de Economía e Facenda, acordou a adxudicación das obras do primeiro treito da terceira ronda de circunvalación de A Coruña á Unión Temporal de Empresas Puentes-Explotaciones Gallegas. O treito inclúese no Plan Sectorial da Rede Viaria de A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros e está englobado no convenio asinado entre a Xunta de Galicia e o Concello de A Coruña que recolle a totalidade dos 4,2 Km do tramo urbán da ronda que conectará en Pocomaco co treito de 8,8 Km a construir polo Ministerio de Fomento ata a Autovía A-6 e o aeroporto. O total da actuación comprendida no convenio ascende a 30 millóns de euros.
As obras inclúen a construcción dun vial de seis carriles coas súas correspondentes conexións entre a rúa Manuel Murguía e o límite do Plan Parcila de Ordenación del Sector de San Pedro de Visma. A UTE adxudicataria realizará as obras nun prazo de 10 meses e cun presuposto de execución de 5,78 milóns de euros.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.