
A plataforma www.galiciadigital.com supera as 15.000 visitas ao día por primeira vez.
Foi o pasado venres, día 13 de outubre, cando se rexistraron 15.671 entradas.
A cifra de 10.000 visitas ao día foi superada por Galicia Digital a comezos de 2006 e as 14.000 foron rexistradas o pasado mes de abril.
Galiciadixital.com é unha plataforma que promove máis de 25 portais de producción propia sobre Galicia nas áreas de Empresa, Emprego, Turismo, Comunicación, Cultura, Concellos, Galegos, Websgalicia, Automoción, Feiras e Festas, Letras Galegas, Asociacións, Xuventude, Territorio, Construcción, Educación, Deportes, Moda...
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.