Notas de prensa

As consellerías de Cultura e Deporte e de Educación presentan o novo programa Deporte na Escola

Os centros de ensino poderán inscribirse a través de internet a partires do luns 16 de outubro.

As conselleiras de Cultura e Deporte, Ãnxela Bugallo, e de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, presentaron o novo programa “Deporte na escola”, que se porá en marcha durante o presente curso.

A responsábel do departamento de Cultura e Deporte destacou que o obxectivo desta actuación transversal é lograr unha educación integral, e consideramos que é un elemento favorábel que o inicio da práctica deportiva se faga nos centros de ensino o co seu profesorado”.

O novo proxecto “Deporte na Escola” desenvolverase en dúas actuacións: Competición Deportiva por idades e Actividade Polideportiva-Cultural. As principais novidades establécense na Actividade Polideportiva e Cultural, xa que traballamos con equipos mixtos, “unha das nosas liñas de actuación nesa intención de acadar condicións de igualdade paran nenos e nenas”, subliñou Bugallo.

En bacharelato apostarase por novas prácticas deportivas, na natureza e aventura, ao considerar que poden ser moito máis atractivas para este sector da poboación”. Ademais, realizaranse tres concentracións durante o ano, co obxectivo de dar a coñecer outras modalidades deportivas.

Na segunda liña de actuación (Competición Deportiva), o que se busca é “o inicio da actividade deportiva máis coma competición, facendo especial fincapé na procura da mellora de capacitación dos técnicos, a inclusión de novas modalidades deportivos e o fomento dos valores do xogo limpo no ámbito da competición”, completou Ãnxela Bugallo.

Durante a súa intervención, a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, destacou que “Deporte na escola 2006/2007”, no que se prevé a participación de 200 centros de toda Galicia, “está aberto a todos os centros de ensino da Comunidade”. Así, sinalou que este programa estruturarase en tres categorías: A, para alumnado de 3º e 4º de primaria; B, para alumnado de 5º e 6º de primaria; e C, para alumnado de 1º e 2º de ESO. Sánchez Piñón fixo fincapé en que as 2 primeiras categorías serán de carácter mixto, “o que contribúe tamén a educar en valores”.

A conselleira de Educación destacou que este programa inclúe, ademais dos deportes habituais –atletismo, bádminton, balonmán, fútbol sala, natación, voleibol e xadrez- unha competición cultural, na que participan catro parellas de alumnos por cada equipo. Así, cada proba consiste en cinco preguntas por parella que versarán sobre matemáticas, xeografía, lingua galega Galiza, natureza e educación física, segundo indicou a conselleira de Educación.

Ademais, Laura Sánchez Piñón salientou que Deporte escolar 2006/2007 inclúe unha parte dirixida aos pais “para que participen nas competicións a través da súa presenza, do eloxio ao esforzo realizado e aos progresos conseguidos, e da axuda para compatibilizar de forma harmónica a actividade escolar e a deportiva”. Deste xeito, a titular do departamento educativo galego salientou que este programa “supón un ambicioso proxecto no que se conxugan práctica deportiva, aprendizaxe cultural e que conta coas achegas de clubs deportivos, profesores e nais e pais”.

Todos os centros interesados en participar no programa poderán inscribirse a través de internet a partires da próxima semana, tal e como explicou o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira. “Ademais, no momento no que o centro se inscriba, terá atención personalizada a través das delegacións provinciais, algo que ata agora no se estaba a facer”, concluíu Domínguez.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2006-10-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES