Notas de prensa

Fernando Echávarri e Antón Paz recibiron o Premio Galicia Deporte 2005

Óscar Pereiro e Marcos Serrano foron galardoados cunha distinción especial polas súas vitorias de etapa no Tour de Francia, as primeiras galegas.

Fernando Echávarri e Antón Paz recibiron o premio “Galicia Deporte 2005”, no transcurso da gala de entrega de premios aos mellores deportistas, adestradores, clubs e entidades do ano 2005.

Precisamente este premio foi unha das sorpresas da noite, xa que a parella de regatistas foi elixida entre todos os premiados das diferentes categorías, que tamén recibiron o recoñecemento polo seu traballo durante o ano 2005. Fernando agradeceu o premio destacando que “queremos dedicarllo a toda a xente que non está hoxe aquí, a todos os que traballan pola base, ás empresas que gastan moitos cartos en potenciar estas actividades”. Pola súa parte, Antón Paz, manifestou a súa ledicia polo galardón e confiou en que “sirva para que a vela se popularice un pouquiño máis e os nosos rapaces poidan practicar este deporte nas nosas rías”.

Ademais, tamén houbo unha distinción especial para dos ciclistas. Óscar Pereiro e Marcos Serrano recibiron unha mención polas súas vitorias de etapa no Tour de Francia, que foron as primeiras dun corredor galego nesta prestixiosa carreira. Ambos recoñeceron que a pesares do tempo transcurrido “non podemos esquecer un momento así xa que non é moi normal que dous amigos poidan gañar dúas etapas do Tour”.

No transcurso da gala a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, destacou que “queremos que estes premios sirvan para darvos as grazas pola vosa achega ao Deporte Galego e tamén porque vós sodes o mellor exemplo a seguir para os nosos cativos”.

Pola súa parte, o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, destacou que “o deporte galego goza de boa saude e hoxe o volvemos demostrar ao repasar os éxitos colleitados no ano 2005: a saída da Volta ao Mundo a Vela dende Vigo, o debú da selección galega de fútbol, os éxitos dos nosos deportistas a nivel internacional, a Recopa Europea do Azkar, as vitorias de Pereiro e Serrano no Tour de Francia…. Pero o máis importante é que o 2005 foi o ano do futuro do noso deporte porque nel puxemos os alicerces para que Galiza avance neste eido”.

Ao evento, que tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea, asistiron os premiados, que agradeceron o recoñecemento do seu traballo, representantes das diferentes federacións deportivas galegas e deportistas galegos, que viviron con emoción a entrega dos premios, que foi dirixida polos xornalistas Yolanda Vázquez e Tomás Alonso.

Os premiados. En total foron 19 as modalidades premiadas, facendo un percorrido por diferentes deportes, dende os máis coñecidos ata outras modalidades con menos ademais do premio especial “Galicia Deporte 2005” que se elixirá entre todos os premiados nas diferentes modalidades e dúas mencións especiais. Estes dous últimos apartados deronse a coñecer no transcurso da gala, á que asistiron os premiados, ademais de representantes das federacións deportivas galegas e do Deporte Galego en xeral.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2006-10-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES