Notas de prensa

Desconvocatoria das mobilizacións previstas por FADEMGA ante a resposta da Xunta a sentarse a negociar e a dialogar

Os representantes da Federación serán recibidos hoxe á 13.00 polo Secretario Xeral da Presidencia e logo dese encontro atenderán aos medios na sede da Presidencia da Xunta de Galicia.

Santiago, Xoves 5 de outubro de 2006.- FADEMGA Feaps Galicia desconvoca as mobilizacións previstas para hoxe ás 11 da mañá na sede da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, logo que o Director Xeral de Acción Social, D. Bieito Seara Formoso, remitira un fax á Federación aceptando recibir aos seus representantes antes do 19 deste mes. Os representantes da Federación galega entenden que a Xunta da un paso ao sentarse a negociar.
O aprazamento das mobilizacións tamén está motivado pola intervención do Gabinete de Presidencia da Xunta de Galicia, ao aceptar recibir no día de hoxe ás 13.00 horas o Secretario Xeral da Presidencia aos representantes de Fademga Feaps Galicia na sede da Xunta para escoitar as súas reivindicacións.
O Secretario Xeral comprométese a negociar e a dialogar. Fademga Feaps Galicia espera que neste encontro a Xunta conteste aos puntos nos que pide información como son: O presente e futuro para o financiamento de Centros e Servizos e a estabilidade do sistema de financiamento.
A homologación e acreditación de centros e a carteira de servizos sociais; así como a actualización de módulos ata a media nacional.
Os plans de inversións do sector no referente á Acreditación e Homologación de Centros, obras, centros novos, etc.. Cofinanciación con outras Entidades como Fundación Once. Tamén os Criterios de distribución en ditos Plans.
A Situación do colectivo ante a actual previsión de desenrolo da Lei de Autonomía Persoal e Atención á Depedencia.
FADEMGA considera aprazadas as mobilizacións, non suspendidas, á espera de que estes puntos nos que pide aclaracións sexas resoltos. Os representanes da Federación atenderán aos medios unha vez concluida a reunión co Secretario Xeral na sede da Xunta.

Cristina Díaz (Departamento de Comunicación de FADEMGA FEAPS GALICIA), 2006-10-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES