Notas de prensa

Touriño aspira a que o proxecto da Cidade do Mar converta a Vigo na capital europea da innovación e o I+D mariño

Confía en que o Concello e os axentes sociais e económicos de Vigo se sumen ao proxecto do Centro Atlántico de Investigación Mariña.

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, asegurou que o seu Goberno aspira a que o proxecto da Cidade do Mar, que a Xunta está a impulsar xunto coas universidades e o Estado, converta Vigo na capital europea da innovación e o I+D mariño. O presidente dixo agardar que este proxecto dote a Vigo de prospección e visibilidade internacional, propiciando así novas oportunidades de desenvolvemento e consolidación de Galicia como marco de referencia nas actividades de investigación marítima.

Así o expuxo o xefe do Executivo galego na súa visita á feira Conxemar, á que definiu como un foro importantísimo para crear actividade, intercambiar ideas e establecer e desenvolver novas liñas de produción e proxectos no ámbito da transformación dos produtos do mar.

O máximo mandatario galego salientou que a Xunta de Galicia está a avanzar nunha “dirección clara” para potenciar o papel da cidade olívica no ámbito pesqueiro e lembrou que se está a traballar para conseguir que o porto vigués responda ás esixencias urbanísticas de ocio e servizo, ao tempo que se amplíe a súa capacidade de carga.

Neste sentido, remarcou que o goberno que preside está a acelerar a execución da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves, que permitirá que en dous anos e medio o porto vigués conte cun espazo que lle permita “o desenvolvemento de toda a capacidade que pode ter e aspira a ter”.

Nota“Vigo debe aspirar a ser a cidade do mar, a capital do mar. Por iso estamos a pór en marcha un proxecto que aspiro a que sitúe Vigo como capital da investigación mariña de Galicia e España, con proxección e visibilidade internacional, propiciando novas oportunidades de desenvolvemento, para que Galicia se consolide como marco de referencia internacional nas actividades de investigación mariña, na competencia en I+D marítimo e na converxencia dos obxectivos públicos e privados”, explicou o presidente.

A este respecto, remarcou o compromiso do convenio asinado entre a Xunta e o Ministerio de Ecuación e Ciencia, xunto co CSIC e as universidades, para pór en marcha o proxecto do Centro Atlántico de Investigación Mariña, ao que confía que se sumen o Concello e os axentes sociais e económicos da cidade. Pérez Touriño explicou que este centro servirá de plataforma para o traballo conxunto de o CSIC e as universidades galegas, así como dos centros científicos dependentes do Goberno galego.

Xunto con isto, o xefe do Executivo autonómico confirmou que Vigo terá a base atlántica dos buques de investigación oceanográfica e mariña, o que converterá a cidade “no centro neurálxico da investigación oceanográfica europea no ámbito atlántico”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2006-10-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES