
A sede de Fademga Feaps Galicia acolleu unha rolda de prensa na que o Presidente da Federación, Julio Cortiñas López; e o Portavoz da mesma, Eladio Fernández Pérez; expresaron o malestar existente na Federación Galega de Asociacións en relación ao trato que están recibindo por parte da Administración Autonómica en relación ao colectivo das persoas con discapacidade intelectual de Galicia.
Fademga falou do descontento que hai ante a Administración Autonómica polo trato que está recibindo o colectivo criticando a falla de estabilidade no mantemento de centros, así como a necesidade de melloras e actualización dos centros. Os representantes da Federación denunciaron unha falla total de diálogo por parte da Administración.
Ante esta situación o Presidente de FADEMGA anunciou que o colectivo mobilizarase o 5 de outubro desde as 11 da mañá ata ás 13.00 horas rodeando coas súas 70 furgonetas os edificios administrativos de San Caetano.
Unha vez concluida a manifestación solicitaráselle ao Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que reciba aos representantes de Fademga para entregarlle persoalmente o manifesto que se lerá aos medios de comunicación alí presentes.
As mobilizacións terán carácter indefinido os primeiros xoves de cada mes en diferentes puntos de Galicia. No seu día iranse notificando ubicacións das mesmas.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.