Notas de prensa

O CPXG e o Colexio de Enxeñeiros Navais convocan o Premio ao Mellor Artigo Xornalístico sobre o Sector Naval

O prazo para a presentación de traballos remata o martes, 31 de outubro.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Delegación en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos asinaron un convenio de colaboración aproveitando os aspectos de carácter social e público que comparten.

Este acordo materializouse na convocatoria do 'Premio ao mellor Artigo Xornalístico sobre o Sector Naval', publicado en prensa polos colexiados do CPXG ou polos do Colexio de Enxeñeiros Navais. Este galardón ten o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo xornalístico que mellor analice o sector naval, e está dotado con 2.000 euros.

Poden presentarse á convocatoria todos aqueles artigos publicados na prensa galega entre 2005 e 2006. Deberase enviar unha copia ao enderezo de correo electrónico [email protected] ou un CD á Delegación Territorial do COIN en Galicia (Avda. de Vigo, 135, Entr. 1º, 15403 - Ferrol). O prazo para presentar os traballos remata o martes 31 de outubro ás 14.00 horas.

O xurado, que estará composto por cinco profesionais de recoñecido prestixio elixidos por ambos colexios, escollerá a tres finalistas, e, entre eles, ao gañador. O fallo farase público o 30 de novembro, e a entrega do premio realizarase nun acto a celebrar en decembro de 2006 ou xaneiro de 2007.

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, 2006-10-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES