
à reunión da Comisión da Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela asistiron a totalidade dos seus membros baixo da presidencia do Secretario Xeral Local, Bernardino Rama Seoane. Esta executiva tomou a decisión de propor ó actual alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, para encabezar a lista dos socialistas ó Concello nas próximas eleccións municipais que terán lugar o 27 de maio do ano vindeiro.
Xosé A. Sánchez Bugallo accedeu á AlcaldÃa da cidade no ano 1998 e revalidou o mandato as dúas convocatorias seguintes. Nas eleccións municipais de 2003 a lista do PSdeG-PSOE foi a máis votada polos composteláns, acadando once concelleiros dos vinte e cinco que compón a Corporación Municipal.
Foron presentadas as xornadas Galicia Biodays, que buscan posicionar Galicia como un territorio de referencia en innovación biotecnolóxica no ámbito internacional. Este evento vaise celebrar os dÃas 6 e 7 de maio no Auditorio Mar de Vigo, e permitirá reforzar a marca Galicia Calidade en biotecnoloxÃa, fomentar o intercambio de coñecemento e establecer novas colaboracións cientÃficas, empresariais e institucionais. Está previsto que asistan máis de 1000 persoas de 9 biorrexións convidadas, con máis de 130 relatores.
Alfonso Rueda informou de que o Consello deu conta do inicio da tramitación do anteproxecto da que será 'a primeira Lei do terceiro sector da acción social de Galicia'. Unha norma que busca 'unificar nun único texto legal a regulación deste eido e recoñecer de xeito formal o seu traballo e o papel que xogan as entidades na sociedade galega'. A necesidade de aprobar esta lei xustifÃcase na importante presenza destas entidades en Galicia, preto de 1.500, -que constitúen 'unha auténtica rede de solidariedade', segundo resaltou a conselleira de PolÃtica Social e Igualdade, Fabiola GarcÃa-, para apoiar as persoas e fogares máis vulnerables.