
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, inaugurou en Lugo a mostra San Froilán: culto e festa, nun acto no que tamén participaron o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio RodrÃguez EguÃbar, o comisario de Exposicións do Xacobeo, Francisco Singul Lorenzo, o teniente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, o deán da Catedral de Lugo, José Fernández, o vicario xeral do Bispado, Gonzalo Fraga e mais o ideólogo da mostra, o profesor de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela, Domingo L. González Lopo. A exposición, que se poderá ver ata o vindeiro dÃa 26 de novembro, terá dúas sedes na capital lucense. A capela de San Froilán da Catedral de Lugo e mais unha estrutura modular temporal instalada na praza Ãngel Fernández Gómez acollerán dende hoxe esta magna exposición, coa que continúa en Lugo a programación expositiva de produción propia do Xacobeo.
A mostra está composta por máis de cento vinte pezas entre as que destacan a guÃa de Künig, que é o único exemplar do mundo que se conserva da primeira edición e que estará en Lugo nesta mostra para que os visitantes poidan contemplar os seus espectaculares gravados e os seus curiosos textos.
“Catro leguas máis adiante entras na cidade de Lucas, alÃ, alén da ponte, ha unhas augas termais. A cidade está construÃda dun xeito pouco común, por iso todos a contemplan con agrado. Despois, aconsélloche que, ó lado dos baños, pases por unha ponte, tes asà nove leguas ata a cidade destruÃda”. Deste xeito describiu a cidade o peregrino alemán Hermann Künig von Vach na súa guÃa ‘A peregrinaxe e o Camiño a SantiagoÂ’. Este texto forma parte da tradución da guÃa práctica que, en 1495, publica en Estrasburgo. O único cambio que propón a guÃa de Künig con respecto ao itinerario do Libro V do ‘CalixtinoÂ’ é o desvÃo a Lugo. Esta guÃa procedente de Alemaña poderá contemplarse por primeira vez na Catedral de Lugo. Deste xeito o Xacobeo quere resaltar a importancia da cidade e a súa vinculación, tanto coa figura de San Froilán como coa peregrinación durante a época na que viviu o santo e na que deixou o seu legado.
Dende o 29 de setembro ata o 26 de novembro, Lugo será a cidade de referencia para os estudosos e interesados na figura de San Froilán e na lenda e na memoria do santo. A mostra está integrada por máis de 120 pezas que se dividirán entre as dúas sedes da mesma. A exposición pretende contextualizar histórica e culturalmente a figura e a memoria de San Froilán na cidade de Lugo; relacionar a vida, obra e tempo de San Froilán co reino de Asturias, León e Al-Andalus, en especial pola súa polÃtica de repoboación e fundación de mosteiros nunha terra de fronteira. Entre os obxectivos da mesma está tamén o de valorar a figura e o tempo de San Froilán en relación coas peregrinacións xacobeas en época de Afonso III.
No tocante á lenda e á memoria do santo no Lugo do século XII, a mostra destaca tres puntos esencialmente: a construción da catedral románica e do suposto sepulcro de Santa Froila; a conexión con Europa; e a concesión do privilexio da exposición perpetua do SantÃsimo. A exposición tamén terá en conta a memoria de San Froilán no final da Idade Media, tanto en Lugo como en León e valorarase a posición de Lugo, no século XV, como cidade de paso do Camiño Francés.
O culto ao santo na época barroca e a historia das feiras e festas de San Froilán en Lugo, tendo en conta aspectos etnográficos e socioeconómicos, tamén formará parte importante deste proxecto. As pezas que se expoñerán na mostra abarcan un perÃodo de máis de quince séculos de Historia. Malia todo, as novas tecnoloxÃas e os novos xeitos de proxectar a arte estarán presentes na estrutura modular sita na praza de Anxo Fernández Gómez. FotografÃas procedentes dos fondos do Arquivo Histórico Provincial do fotógrafo Xosé LuÃs Vega configuran unha visión completa dos diferentes aspectos da feira e da festa de San Froilán, pero tamén da sociedade da época e das costumes e tradicións da cidade neses dÃas de festa patronal. Moitos lucenses verán nas fotografÃas de Vega os seus recordos de cativos, as festas como foron e como nunca volverán ser. Cunha estética renovada e cunha técnica de difusión contemporánea poderanse admirar os aspectos máis relevantes e costumistas das feiras da cidade das murallas.
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, destacou na súa intervención durante o acto inaugural que “con ser relevante para a vida e o comercio, a presenza de San Froilán en Lugo significa moito máis que nostalxia e festa, posto que coa lembranza histórica da súa figura, Lugo reivindica un dos seus sÃmbolos, case tan significativo como a propia muralla romana”.
O conselleiro fixo un repaso polas distintas partes que integran a mostra e explicou que a parte histórica e cultural da exposición San Froilán. Culto e Festa desenvolve unha reflexión xeral na propia capela do santo na catedral. Atendendo ao marco histórico e cultural no que veu ao mundo o patrón da cidade, a mostra ten moi en conta as orixes cristiáns de Lugo; un perÃodo que veu seguido dos primeiros séculos da Idade Media: a época sueva, a etapa visigoda e o tempo da repoboación do bispo Odoario, no século VIII, cando chegan á cidade os pais de san Froilán. Segundo explicou, a mostra percorre a época na que viviu o santo, o mundo da arte e a mentalidade medieval na época da construción da basÃlica románica de Lugo, a presenza dos peregrinos xacobeos en Galiza e en Lugo a fins da Idade Media e mais o barroco galego e o esforzo das catedrais por potenciar o culto a San Froilán.
San Froilán: Culto e Festa estará acompañada dun volume baixo o mesmo tÃtulo da exposición do que se editarán 1.000 exemplares en galego e 1.000 en castelán. Tamén haberá folletos nos dous idiomas que recollen o esencial da mostra. O volume recolle os elementos que forman parte da exposición pero inclúe unha visión máis ampla da época e un estudo pormenorizado da figura do santo patrón da cidade das murallas.
Pezas destacadas
Entre as pezas que integran a exposición que os lucenses poderán visitar durante as festas destacan o célebre Crismón de Quiroga, placa de mármore da segunda metade do século IV, ou primeira do V; os restos marmóreos da nave inferior de Santa Eulalia de Bóveda; algúns restos visigóticos da igrexa de Santiago de Saamasas; o capitel da Igrexa de San Pedro de Seteventos. Entre as obras do monxe cántabro Beato de Liébana destacan os célebres Comentarios á Apocalipse. Un facsÃmile deste códice é o denominado Beato de Tábara, feito nun dos mosteiros fundados por San Froilán, o mosteiro de San Salvador de Tábara, poderá admirarse na mostra. Os modillóns mozárabes galegos do mosteiro de Sobrado dos Monxes e da igrexa de Vilanova dos Infantes, asà como un capitel califal cordobés serán outras das pezas relevantes.
Tamén da época de Afonso III o Magno se poderán admirar un beiril da igrexa de san Xes de Francelos e unha réplica da cruz de ouro e pedrerÃas, sÃmbolo do reino ástur. Coleccións de acibeches e imaxes de Santiago, asà como a primeira edición da guÃa práctica de Künig, xa comentada, aras romanas e o relicario de prata coa reliquia de San Froilán, asà como a imaxe do santo son algunhas das pezas únicas polas que pagará a pena visitar a mostra, que se completará cunha parte etnográfica e outra audiovisual e fotográfica, para ilustrar a festa pagá.
Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam RodrÃguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crÃtica e público.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Asà o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.