
Durante o acto celebrouse tamén o sorteo dos emparellamentos da primeira fase da competición (incluímos documentación relativa ao resultado do sorteo).
Domínguez Olveira presentou a competición insistindo en que é obrigado que se potencie este tipo de competición polo que significa o fútbol sala en Galiza e polo arraigada que está a súa práctica nas categorías inferiores, polo que merece a maior das repercusións. Dende a Dirección Xeral para o Deporte, queremos darlle realce a esta Copa.
A nivel económico, o director xeral para o Deporte adiantou que os equipos recibirán 4.000 euros por participación; 7.000 euros para aqueles equipos que superen a primeira fase; 10.000 euros para os clasificados en 3º e 4º posto; 12.000 euros para o subcampión e 15.000 euros para o gañador da Copa (non sendo acumulábeis as contías que se reciben por participación).
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.