
O Proxecto Discognitios achega aplicacións informáticas para a telerehabilitación cognitiva de persoas maiores.
Discognitios é un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Investigación
Desenvolvemento e Innovación que están a levar a cabo o Grupo de investigación
en Xerontoloxía da Universidade da Coruña e a área de e-learning do Centro de
Supercomputación de Galicia.
No marco deste proxecto, que se está a desenvolver entre os anos 2004 e 2007, e
que ten como principal obxectivo desenvolver unha ferramenta de teleestimulación
cognitiva que permita levar aos domicilios das persoas maiores diferentes contidos
no ámbito da estimulación cognitiva, elaborouse unha base de datos on line na que
se poden buscar aplicacións informáticas, fundamentalmente xogos e exercicios,
dirixidas a persoas maiores que presenten alteracións na súas capacidades mentais
superiores entre as que destacan a orientación, a memoria, a percepción, a
linguaxe ou o cálculo. Tamén son potenciais usuarios desta plataforma aqueles
maiores que presenten perdida de memoria asociada á idade.
Para a elaboración desta base de datos, avaliáronse máis de cento cincuenta
aplicacións, atendendo tanto ao grao e ao tipo de deterioro cognitivo así como ao
grao de accesibilidade dos potenciais usuarios, as persoas maiores.
Posteriormente, e para validar a aplicabilidade destes programas, realizouse un
traballo de campo con un grupo piloto de persoas maiores, que utilizaron aquelas
actividades que foron mellor valoradas na fase de avaliación.
Nesta aplicación online, que calquera persoa interesada pode consultar na páxina
Web http://lembra.cesga.es, onde, ademais de ofrecer as aplicacións adaptadas
a cada persoa en función do tipo de deterioro cognitivo que presente, tamén
proporciona información a aqueles profesionais da xerontoloxía que queiran ampliar os seus coñecementos neste campo de estudo, facilitando información sobre programas informáticos que permiten o deseño e desenvolvemento de aplicacións para a rehabilitación cognitiva, así como plataformas para a telerehabilitación cognitiva.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.