Intelectuais de todo o mundo aproban a Declaración de Pontevedra de solidariedade con Cuba. James Petras, Alfonso Sastre e FerrÃn entre os asinantes
A iniciativa de distintos intelectuais participantes na XX Semana Galega de FilosofÃa púxose en circulación a chamada Declaración de Pontevedra de solidariedade con Cuba á que nos tres primeiros dÃas xa se sumaron máis de duascentas persoas. James Petras (Estados Unidos), Alfonso Sastre (Euskadi), Raul Fornet-Betancourt (Alemania) e Xosé LuÃs Méndez FerrÃn (Galicia) son algúns dos asinantes.
A Declaración de Pontevedra que reclama a independencia de Cuba comezará a circular en distintas páxinas de Internet e sumará apoios ata o próximo dÃa 17 de maio, data na que se cumpre o aniversario do inicio do bloqueo americano producido como represalia pola reforma agraria. No texto da Declaración maniféstase a inquedanza diante do feito, que semella evidente, de que Cuba está incluÃda na actual estratexia agresiva do Imperio americano; tamén, ante todo, procuramos explicitar o noso recoñecemento á significación mundial da Revolución Cubana dende a data do seu triunfo en 1959 ata hoxe en dÃa, e expresa a solidariedade cos intelectuais e artistas cubanos residentes na illa. Desexan os promotores da iniciativa que a Declaración elaborada en Pontevedra sexa asinada por outros colegas desde distintas perspectivas ideolóxicas e polÃticas, tal como é o noso caso. O texto elaborouse no marco da XX Semana Galega de FilosofÃa organizada en Pontevedra dos dÃas 21 a 25 de abril por vontade de varios intelectuais convocados para o congreso pola Aula Castelao de FilosofÃa. Máis de duascentas persoas asinaron o documento nos dÃas que estivo exposto ao público e agora bota a rodar pola rede en varias páxinas electrónicas de distintas organizacións. Ademáis de James Petras, Alfonso Sastre, Raul Fornet-Betancourt e Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, asinaron a Declaración de Pontevedra os profesores Ramón Regueira, X.L. Barreiro Barreiro, Carme Adán e Antón Fernández e máis de douscentos congresistas.
Cuba: Declaración de Pontevedra (TEXTO ÃNTEGRO)
Quen subscribimos esta Declaración facémolo para manifestarmos a nosa inquedanza diante do feito, que semella evidente, de que Cuba está incluida na actual estratexia agresiva do Imperio americano; tamén, ante todo, procuramos explicitar o noso recoñecemento á significación mundial da Revolución Cuana dende a data do seu triunfo en 1959 ata hoxe en dÃa.
A nosa Declaración é, asà mesmo, un miúdo aceno de franca solidariedade cos intelectuais e artistas cubanos, residentes na Illa, que veñen de manifestar o seu desacougo de desaprobación ós intelectuais de España e do resto do mundo que teñen condenado, facendo caso omiso da situación que actualmente vive Cuba, os recentes acontecementos ocorridos acolá.
Expresamos, ademais, a nosa arela de que a presente Declaración, feita hoxe en Pontevedra, ha de ser asinada por outros colegas dende distintas perspectivas ideolóxicas e polÃticas, tal como é o noso caso.
Aula Castelao de FilosofÃa, 2003-04-26
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: dÃas máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. AÃnda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo perÃodo.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no perÃodo anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da ConsellerÃa do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista cientÃfica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (USC), abre unha nova vÃa na procura de fÃsica máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
AÃnda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.