Notas de prensa

Matarile Teatro cumpre 20 anos e prepárase para a xira outono-inverno co espectáculo Historia Natural

Matarile Teatro leva na escea galega desde 1986.

Matarile Teatro créase en Santiago no ano 1986. Desde entón desenvolveu unha linguaxe propia, un teatro onde o texto literario é un elemento máis na fusión das distintas linguaxes escénicas que conforman un teatro de creación. Un teatro que se arreda dos personaxes para reflectir as persoas que somos e a vida que vivimos, un teatro da suxestión que comunica directamente co espectador por medio do movemento, a palabra, a ironía, o humor, a complicidade e a imaxe.
Puxo en escena 23 espectáculos, numerosas performances e colaboracións con outras compañías. Presentou os seus espectáculos en Francia, Portugal, USA, Inglaterra, Iugoslavia, Italia e Alemaña.

Actuaciones confirmadas para a tempada outono-inverno 06/07:
Historia Natural (eloxio do entusiasmo)
18 de outubro 06 - XXVI Festival de Teatro “Les Translatines” - Bayonne (Francia)
26 de outubro 06 - XXXII Festival Internacional de Teatro de Vitoria-Gasteiz - Vitoria-Gasteiz
28 de outubro 06 - Teatro Principal - Ourense
1 e 2 de decembro 06 - Teatro Cánovas - Malaga
9 e 10 de febreiro 07 - Teatro Central - Sevilla

ESTREA do próximo espectáculo de MATARILE TEATRO “truenos y misterios”
1 ó 4 de febreiro 07 - Festival Escena Contemporánea - Madrid

Historia Natural (eloxio do entusiasmo) foi estreado o 16 de xaneiro de 2005 no Teatro Principal de Santiago de Compostela recibiu o Premio do Público ao Mellor Espectáculo da XIII Feira do Teatro de Galicia e o Premio ó Espectáculo Máis Orixinal e Innovador do Festival Internacional de Teatroyartesdecalle TAC de Valladolid e ademáis o Premio María Casares á Mellor Iluminación do Teatro Galego ‘06.

Actuacións máis importantes realizadas con Historia Natural (eloxio do entusiasmo):
XIII Feira do Teatro de Galicia (Compostela)
VI e VII Festival Internacional de Teatro y Artes de Calle (Valladolid)
X Festival do Eixo Atlántico FESTEIXO (Viana do Castelo - Portugal)
XXVIII Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica FITEI (Oporto - Portugal)
25ª edició Fira de Teatre al Carrer de Tárrega (Tárrega)
Teatro de La Abadía (Madrid)
BAD 7º Festival de Teatro y Danza Contemporánea (Bilbo)
XVI Muestra Internacional de Teatro Contemporáneo (Santander)
Gran Teatro Falla (Cádiz)
IV Festival VEO Vàlencia Escena Oberta (Valencia)
Festival Teatro Gayarre (Pamplona)
11º Festival Internacional En Pé de Pedra (Compostela)

Historia Natural reúne teatro, danza e música en directo e está integrado por once intérpretes (6 actores, 2 bailaríns e 3 músicos) de distintas procedencias: Galicia, Madrid, Alemaña e Canarias. Con dirección e textos de Ana Vallés, citas de Peter Handke e o espazo e a iluminación de Baltasar Patiño.
Actores - bailaríns - músicos: Daniel Abreu, Helen Bertels, Dominik Borucki, Antón Coucheiro, Roberto Leal, Marta Pazos, Emma Silva, Sergio Zearreta; frauta - Luis Soto, André Cebrián; tuba - Hugo Portas, Plablo Emilio; trompeta - Ramón Llatser, Eliseo Penín    
Produce: Matarile Teatro - teatro galán
Coproducen: IGAEM, INAEM, Concello de Santiago
Colaboran: Padroado da Cultura Concello de Narón, Fest. Int. Teatroyartesdecalle TAC (Valladolid)

As descricións dunha historia natural e o entusiasmo como perseveranza do sentimento.
A ollada do que contempla o público desde o refuxio da privacidade. E ao revés: o xuízo social do acontecemento privado. ¿Onde remata o espazo público e comeza o privado?
A saudade continua dunha paisaxe perdida, dun espazo vital descoñecido pero sempre buscado. A eterna esperanza de crer que todo pode ser diferente se cambia a paisaxe, o noso espazo, “cando o bosque avance”.

Matarile Teatro, 2006-09-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES