Notas de prensa

A Consellería de Economía profundiza nas posibilidades de internacionalización das empresas galegas

José Ramón Fernández Antonio recibiu ao primeiro secretario para Asuntos de Ciencias, Tecnoloxía, Medio Ambiente e Saúde da Embaixada de EE UU en España, Kenneth Forder.

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, recibiu no seu despacho ao Primeiro Secretario para Asuntos de Ciencias, Tecnoloxía, Medio Ambiente e Saúde da Embaixada de Estados Unidos en España, Kenneth Forder. A situación actual da economía galega e as perspectivas de crecemento nos próximos anos foron tratados no encontro no que tamén participou o director xeral do Igape, José Antonio Delgado Arce.

Entre os temas analizados na reunión, a reorientación na utilización dos fondos estruturais da Unión Europea no periodo 2007-2013 foi obxeto de especial interese por parte do representante da Embaixada dos EE UU; quen tamén quixo coñecer a estratexia da nova política económica en materia de formación do capital humano e impulso do capital tecnolóxico. O repaso aos obxectivos da Xunta no ámbito empresarial permitiu ao conselleiro trasladar ó Primeiro Secretario estadounidense o que é unha das prioridades do modelo de crecemento do Goberno galego: o impulso da internacionalización das empresas galegas tanto no terreo do comercio exterior, como no da captación de investimentos. Neste sentido, Fernández Antonio destacou a boa evolución das exportacións galegas no último ano e expuso algunhas das medidas orientadas á captación de investimentos que xa se puxeron en marcha a través do Igape e Xesgalicia.

O representante norteamericano amosou interese polas oportunidades que brinda Galicia para potenciales investidores do seu país, á vez que sinalou á súa predisposición a establecer posibles liñas de colaboración en distintas áreas de interese mútuo.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, 2006-09-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES