
Pódense solicitar as axudas convocadas polo SGI, dentro do programa EMEGA, para proxectos empresarias innovadores que estean liderados por mulleres. Estas axudas consisten nunha única subvención de, como máximo, 10.000 euros, non podendo exceder o 55% do custe total do proxecto empresarial.O orzamento total para a terceira fase do EMEGA é de 200.000 euros.
Poderán beneficiarse destas axudas as empresarias autónomas, incluídas as sociedades unipersonais e as empresas participadas maioritariamente por mulleres que iniciasen a súa actividade entre o 1 de xaneiro do 2005 e a data de finalización de presentación de solicitudes, que será o vindeiro 22 de outubro.Terán preferencia aquelas mulleres que se incorporan a actividade laboral despois da súa participación en proxectos de investigación avalados por unha universidade galega ou por organismos e entidades vinculados ou dependentes delas.
A finalidade destas axudas é subvencionar o establecemento da muller como empresaria, como medio axeitado para a súa integración laboral.Preténdese iniciar unha liña de apoio a aquelas iniciativas económicas que resulten de proxectos innovadores e que supoñan a apertura e consolidación de novas vías para o emprego das mulleres galegas.
Principais novidades deste programa
As axudas están dirixidas a empresas con proxectos innovadores de I+D+I, tendo preferencia aqueles avalados por universidades galegas ou entidades que dependan delas.
Nesta ocasión, as empresas non teñen que ser exclusivamente de mulleres pero si as mulleres deben ser maioría.
Ademais, as mulleres non teñen que pasar polo desemprego previamente, de xeito que poden optar á subvención as mulleres que proceden da Universidade, da inactividade ou as que melloran coa iniciativa empresarial que presentan.
Esta orde de subvencións inclúese no programa EMEGA, que nas súas tres fases contou cun orzamento total de 2.138.700 cofinanciado polo Fondo Social Europeo nun 80% e pola Xunta, no 20 % restante.
Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.