
O Consorcio Audiovisual de Galicia levará a cabo unha apretada axenda de traballo nos primeiros días do Festival de Cine de San Sebastián, o máis importante de tódolos que se celebran en España, dentro do seu plan de presenza do audiovisual galego nos acontecementos máis importantes do sector.
Estas accións comezan o venres 22 de setembro, data na que terá lugar a reunión que decidirá as películas subvencionadas polo programa Raíces na edición deste ano. Neste encontro, Fernando Salgado, secretario xeral de Comunicación e presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia, estará acompañado por Nacho Varela, director-xerente do Consorcio. Á mesma tamén acudirán o presidente do Instituto de Cine Arxentino, Jorge Álvarez, o director do Instituto de Cine Catalán, Xavier Marcé, así como os representantes da Consejería de Cultura de Andalucía, comunidade que se incorpora este ano ao Fondo Raíces de Coprodución.
Rematada a xuntanza, farase público a decisión ante a prensa e os produtores dos territorios implicados, nun acto que se desenvolverá no Hotel María Cristina, onde tamén se darán a coñecer as novas accións do Fondo Raíces para o vindeiro ano, entre elas a promoción das producións subvencionadas no 2005, xa todas practicamente rematadas.
Reportaxes sobre o audiovisual galego
Coincidindo co festival, dúas das publicacións máis prestixiosas do mundo do cine, Variety e Screen International, incorporan senllas reportaxes sobre o audiovisual galego nas súas páxinas. Estas revistas, con edición única en inglés e distribuídas en todo o mundo, son unha referencia obrigada para todos aqueles relacionados co mundo do cine. A experiencia anterior demostra o interese que esperta Galicia internacionalmente e os múltiples achegamentos que esta iniciativa está a producir.
Por outra banda, nesta edición do festival e por primeira vez, estará presente unha delegación de institucións e produtores brasileiros no marco do denominado Sales Office, o espazo de mercado e encontro profesional do festival. Este colectivo manifestou xa o seu especial interese en coñecer máis de preto a realidade de Galicia, motivo polo cal terá lugar unha reunión do director do Consorcio co presidente do Cinema do Brasil, André Sturm, así como cos produtores brasileiros e galegos presentes o luns 25 en San Sebastián, coa intención de achegar posturas de cara a posibles coproducións.
A axenda complétase coa reunión anual da Spain Film Commission, e encontros con diferentes axentes e profesionais do sector audiovisual do Estado e internacionais.
Dentro da presenza galega na 54 Edición Donostia-San Sebastián Festival Internacional de Cine, salienta a participación de Luis Tosar, protagonista da película Las vidas de Celia, que compite en sección oficial, e a película Un franco catorce pesetas no ciclo Emigración, coproducida pola empresa galega Adivina Producciones, e que foi unha das cintas que contou cunha das maiores recadacións do ano, preto do 1.500.000 .
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.