
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, compareceu no pleno do Parlamento para dar conta da valoración do seu departamento sobre a incidencia da Reforma Laboral estatal en Galicia. Varela afirmou que sería moi precipitado augurar datos estatísto concretos pois estamos a falar dunha norma que non conta máis que con dous meses de vida, pero o certo é que existen efectos do acordo que son destacables en Galicia con respecto a outras comunidade.
Así, Varela explicou que mentres no período xaneiro-agosto de 2005 rexistráronse 47.710 contratos ou transformacións en indefinidos, no mesmo período de 2006 esa cifra acadou os 55.185, producíndose un incremento de 7.475 contratos deste tipo. Este aumento supón un 15,7% máis de contratos indefinidos que corresponden fundamentalmente aos sectores da construción, hostalería e comercio, sectores nos que, tal e como sinalou o responsable de Traballo, se acadaron Pactos Sectorais de Estabilidade entre os axentes económicos e sociais e promovidos pola Administración. Así o conselleiro concluíu, que parece razoable falar de concatenación de causas e tamén parece que responde ao cambio de rumbo nas políticas de fomento da estabilidade que a Xunta ven instaurando.
Neste senso, o conselleiro de Traballo referiuse tamén ao mínimo de estabilidade esixida pola Consellería de Traballo para acceder ás subvencións do seu departamento, polo cal se lles esixe unha estabilidade do 70% ás empresas que se queiran beneficiar destas axudas.
Ricardo Varela sinalou que estas medidas conxuntamente co clima de confianza creado co Proceso de Diálogo Social aberto e ca participación activa dos axentes sociais na elaboración das políticas da Consellería, parece que empeza a dar froitos.
Principais aspectos da Reforma Laboral
En relación coa incidencia que a reforma laboral terá como efecto en Galicia, o conselleiro de Traballo destacou diferentes aspectos nos que incide esta norma. Así explicou que na reforma modifícase a nivel legal a Lei de Seguridade Social, estendendo explicitamente a cobertura por desemprego aos traballadores fixos periódicos, e dicir, os antigos fixos discontinuos, que en Galicia teñen especial relevancia en sectores como o da Conserva, ademais a través desta norma se incrementou a protección dos parados maiores de 45 anos, colectivo de difícil inserción, eliminando o requisito de ter percibido unha prestación contributiva de 720 días para acceder ao subsidio especial, e se lles outorga cobertura por desemprego ás socias e socios de cooperativas de traballo asociado por finalización do vínculo temporal societario.
Así mesmo, Varela afirmou que co acordo da Reforma Laboral se lles ampliará e mellorará a protección do FOGASA (Fondo de Garantía Salarial) para as empresas en crise e insolventes incrementando as prestacións a favor dos traballadores, e por último, no eido da limitación temporal a concatenación de contratos temporais, constitúe unha ferramenta para atallar as situacións de abuso na concatenación de contratos e a bo seguro contribuirá a minorar as altas taxas de precariedade.
Varela destacou que en xeral a propia existencia dun diálogo social, dun clima político e cívico estable, é froito da existencia dunha vontade política, un compromiso expreso e un apoio institucional a ese diálogo, que permite ás organizacións actuar libremente. Así, a Reforma para a Mellorar e o Crecemento do Emprego é o resultado e a expresión dese consenso e froito desa participación democrática, do diálogo. Por iso merece a miña máis alta consideración, tanto respecto das solucións que pretenden aportar como respecto da capacidade dos axentes sociais de afrontar con responsabilidade o seu papel e chegar a consensos, manifestou Varela.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.