Notas de prensa

O presidente do Cluster da Biotecnoloxía asegura que a nova entidade contribuirá "á mellora da investigación, do financiamento e do sistema produtivo" das empresas galegas do sector

Os membros do Cluster comezarán a aproveitar a alianza estratéxica que iniciaron coa súa primeira asemblea desenvolvendo alimentos funcionais.

O presidente do Cluster de Biotecnoloxía de Galicia, Javier Fábregas, asegura que a nova entidade contribuirá "á mellora da investigación, do financiamento e do sistema produtivo" das empresas galegas do sector, o que se traducirá nunha maior facturación para elas. Fábregas, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, fixo estas declaracións no Parque Tecnolóxico de Galicia, na localidade ourensá de San Cibrao das Viñas, onde se celebrou a primeira asemblea do Cluster.

Segundo o máximo responsable desta alianza estratéxica, os obxectivos do Cluster son "posicionar a Galicia como rexión relevante en Europa" grazas a unha tecnoloxía de vangarda como é esta, unha ciencia multidisciplinar na que toman parte todas as disciplinas que teñen que ver coa vida.

No Parque Tecnolóxico de Galicia déronse cita representantes das 31 empresas que integran o Cluster desde a súa constitución no mes de agosto, aínda que xa hai solicitudes doutras 24 que se queren sumar a esta iniciativa. Segundo a caracterización dos membros da entidade que fixo Fábregas ante os medios de comunicación congregados en San Cibrao das Viñas "a actividade da maior parte delas está relacionada coa alimentación, pero tamén coa medicina, a agricultura, a acuicultura, a enxeñería ou a química".

O presidente do Cluster explicou que un dos seus primeiros cometidos foi a creación da Plataforma Galega de Biotecnoloxía, na que participan 54 grupos de investigación de Galicia. O seu obxectivo principal é optimizar o o contacto e o traballo conxunto entre os organismos públicos de investigación (universidade e centros tecnolóxicos de investigación) e as empresas de biotecnoloxía.

Os membros do Cluster avanzan na proposta que farán conxuntamente ó Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) do Ministerio de Industria e ó Programa Marco de I+D da Unión Europea para o deseño de alimentos funcionais. Segundo explicou Fábregas, trátase de alimentos comúns dos que se consegue unha funcionalidade especial engadíndolles un principio activo. Como exemplo, falou de "peixe rebozado que baixe o colesterol ou a tensión arterial". O mercado dos alimentos funcionais está medrando un 14 por cento nestes momentos a nivel mundial, polo que o obxectivo do Cluster é que as empresas galegas se poidan posicionar estratéxicamente nel en lugar de quedar atrás.

Tal e como se puxo de manifesto durante a celebración da primeira asemblea do Cluster de Biotecnoloxía, a participación nel permitiralles ós seus membros dispor da oportunidade de realizar I+D+i punteira, concretamente e segundo Fábregas, "contar cos mellores investigadores europeos ó servizo das empresas galegas".

Ademais, o Cluster xestionará axudas autonómicas, estatais e europeas para financiar a investigación que se leve a cabo nas empresas que o integran, unha vantaxe importante dado que se trata dun sector moi dependente da innovación, polo que a captación de capital público para investigar faise vital. Fábregas advertiu de que "haberá comunidades autónomas que perdan estes fondos por falta de xestores, executores e iniciativas".

Obxectivos

O novo Cluster foi constituido para potenciar o desenvolvemento en Galicia dunha das disciplinas máis punteiras a nivel internacional, a das tecnoloxías que teñen que ver directamente coas ciencias da vida. Neste sentido, e co fin de optimizar o seu rendemento productivo, proxéctase traballar para xenerar biotecnoloxías específicas versátiles, susceptibles de maior rentabilización nas áreas de alimentación, acuicultura, bioinformática, biomedicina, química, medio ambiente, gandeiría e agricultura. Este coñecemento aplicarase, entre outros, a sistemas de diagnóstico, alimentos funcionais, envases intelixentes, incremento de productividade en prantas e animais, protectores de alimentos, principios activos e saborizantes naturais.

Ademais, figuran entre os seus obxectivos fundacionais avaliar as necesidades biotecnolóxicas para Galicia e realizar unha base de datos de coñecemento biotecnolóxico con noticias, formación, oportunidades de negocio, axudas, boletíns e estratexias de interese.

Por outra parte, xa se está a traballar en promover proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico para o desenvolvemento de novos produtos e de procesos máis eficientes, así como de especies novas ou optimizadas, microorganismos, prantas e animais para mellorar o seu crecemento ou a producción específica para utilización directa ou dos seus produtos activos. Relacionado con este obxectivo atópase o de fomentar propostas por parte das empresas que o integran para acadar financiación por parte da Xunta, do Goberno central e da Unión Europea con destino a iniciativas innovadoras.

Outro dos proxectos nos que colaborarán os membros do Cluster será na promoción do Congreso Europeo de Negocios Biotecnolóxicos. Paralelamente, emprenderanse actividades de formación de capital humano en xestión empresarial, técnicas biotecnolóxicas, creatividade e innovación biotecnolóxica, organización da I+D+i das empresas e da súaa relación cos centros públicos de investigación, accións concertadas, formación de consorcios, e organización, xestión e seguimento da I+D+i.

Cluster Biotecnología, 2006-09-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES