
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, agradeceu a permanente dispoñibilidade e clima de cooperación da alcaldía de Coruña, sobre todo nos proxectos que comparten ambas as dúas administracións. Este agradecemento trasladoullo o titular do Goberno galego Javier Losada, alcalde da Coruña, na reunión que mantiveron en Santiago. Neste sentido, subliñou a importancia desta colaboración porque Galicia ten que ser e será esa suma formada pola rede da cidades do país. Polo tanto asegurou- a capacidade das cidades será fundamental para a marcha do país e Coruña xoga o papel estratéxico, de referencia, vital porque é unha cidade que traballou sempre en positivo.
O xefe do Executivo galego e o rexedor coruñés fixeron un repaso polas obras en marcha na cidade da Coruña, unha localidade que Touriño cualificou de pulmón do norte do país, da área metropolitana da Coruña e Ferrol, onde é vital o traballo que se está a facer desde o propio Concello.
Neste sentido, destacou o impulso que se está a dar as áreas de mobilidade e transportes, de vivenda, sanidade e educación. Así, un dos eixes fundamentais en infraestruturas foi a posta en marcha da terceira ronda da circunvalación, da que, segundo Losada, nun mes e medio se porá a primeira pedra.
Así mesmo o titular do Goberno galego destacou a adxudicación do estudo da rede do metro lixeiro e a próxima creación dunha mesa de estudo para elaborar un plan de transporte metropolitano na área coruñesa. Co obxectivo de mellorar as liñas de transporte e mobilidade, tanto o presidente como o alcalde, destacaron os traballos que se están a facer para a integración da estación do AVE, en relación coa creación da estación intermodal.
Vivenda
O presidente destacou os programas que se están a desenvolver en materia de vivenda, onde destaca a promoción de vivenda pública, que se sitúa en torno a 350 vivendas. Así mesmo sinalou as accións nesta materia para apoiar o sistema universitario, tanto en réxime de aluguer como de vivenda asequible e temporal nos recintos universitarios.
Na área de educación explicou o compromiso da Xunta de levar a cabo un novo centro educativo no novo barrio de Mesoiro, sumado á colaboración para a mellora de distintos centros educativos. Ambos mandatarios salientaron tamén as melloras no eido ambiental, que logo dun investimento de máis de cen millóns de euros, permitirán mellorar a calidade das augas na ría.
O alcalde da Coruña tamén agradeceu o apoio amosado pola Xunta e invitou ao presidente a facer unha visita institucional á cidade para que poida ver os avances das obras na cidade.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.