Notas de prensa

O Concello de Brión oferta a través dos seus Servizos Sociais un taller de memoria para maiores de 55 anos

Desde outubro haberá un curso de manualidades e outro de encaixe de bolillos.

De outubro a xuño. Ese é o prazo que os Servizos Sociais do Concello de Brión estiman oportuno para poñer ao día a memoria dos nosos maiores. E para facelo, nada mellor que o xa tradicional ‘Taller de Memoria’, unha iniciativa que achega aos nosos vellos ao mundo dos refráns, das receitas de cociña, dos xogos compartidos e do cine. A inscrición nesta actividade deberá facerse nos Servizos Sociais antes do vindeiro 29 de setembro. Como requisito, só se pide para asistir ter máis de 55 anos.

Segundo as fontes organizadoras, este taller soe reunir a unhas 15 ou 20 persoas. “Moitas delas”, din “non poden evitar emocionarse ante imaxes da gran pantalla, xa que nalgúns casos estes velliños non lembran ter ido ao cine antes da Guerra”. Grazas a esta actividade os nosos maiores aprenden a compartir en grupo e viaxan a distintas partes de Galicia mediante una excursión. O pasado ano o destino foi a cidade de Vigo.

Ademais deste ‘Taller de Memoria’, os Servizos Sociais brionenses poñen á disposición dos seus veciños dous talleres máis, un sobre manualidades e outro de bolillos. O prazo de inscrición para ambos será ata o día 25 de setembro e a cota ascende a 120 euros. A impartición destes cursos será novamente de outubro a xuño. Os interesados deberán para asistir ter máis de 18 anos.

O taller de actividades artísticas leva facéndose no concello desde hai cinco anos cunha gran acollida. Polo xeral esta actividade reúne a unhas 25 persoas repartidas en dous grupos. Unha vez rematado, en xullo, se soe facer ademais unha proposta similar de curso específico para nenos.Pola súa banda, o taller de encaixe de bolillos é algo máis específico cuns 10 inscritos aproximadamente cada ano. O desexo dos Servizos Sociais é sen embargo crecer e mellorar nas súas propostas culturais e sociais e xa se pensa na posibilidade de facer algunha exposición cos traballos resultantes destes talleres.

O Concello de Brión pon en funcionamento a Aula de Educación Permanente de Adultos

NotaSeguindo o calendario escolar ponse en marcha a ‘Aula de Educación Permanente de Adultos’ do Concello de Brión. Grazas a ela, todos os veciños do municipio maiores de 16 anos recibirán clases de apoio en todas as materias para a obtención do Título de Graduado en ESO. O prazo de inscrición será do 1 ao 15 de setembro no Centro dos Servizos Sociais de Brión. Como documentación esíxese unha certificación académica do instituto no que se estudiara.

Segundo fontes dos Servizos Sociais a aula de adultos está dando moi bos resultados. “Ofrecemos clases de primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO, en horario nocturno para que a xente que acude poida seguir traballando. Normalmente reunimos unhas vinte persoas, de todas as idades, desde 16 ata 60 anos, pero sobre todo xente nova. Os exames vannos a facer ao San Clemente en Santiago. Nós mesmos os levamos nun autobús”, declaran.

Ana Valín (Gabinete de Prensa do Concello de Brión), 2006-09-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES