Notas de prensa

O Porriño celebra os festexos patronais do Cristo 2006 cun programa amplo e variado no que se leva a festa e a cultura á rúa

Ata o 1 de outubro hai animación de rúa, verbenas, concertos, Festa da Lingua, Festa dos Callos e as actuacións estelares de Macaco e Lamatumbá.

O alcalde do Porriño, Raúl Francés, e a concelleira de Festexos, Josefa Sío Lourido,
presentaron en rolda de prensa as Festas do Cristo 2006, unha nova edición dos
festexos patronais da vila, que se desenvolverá do 21 de setembro ao 1 de outubro.
Estiveron acompañados por Marga do Val, escritora de Mosende (O Porriño) que este ano oficiará de pregoeira.

A programación das Festas do Cristo destaca por ser ampla e dirixida a todos os públicos.

Raúl Francés salientou que “presentan un modelo participativo, con multitude de
actividades que se desenvolven nas rúas”. Josefa Sío Lourido destacou que se coidou moito que houbese actos para todas as idades, aumentando a presenza de bandas de música pensando nas persoas maiores, e un reforzo dos concertos e actividades para a mocidade.

A Festa do Cristo bota a andar o xoves 14 cunha exhibición da Escola Municipal de Bailes de Salón, ás 21:00 horas na praza Arquitecto Antonio Palacios. Xa a partir do xoves 21 comezan as actividades continuadas. Ese mesmo día inaugúrase a exposición “Unha ollada no tempo II”, que reúne fotografías antigas do Porriño. O venres 22, terá lugar o Encontro de Rock Porriñés, no que participarán seis grupos locais.

A maior parte das actividades desenvolveranse nas rúas. Os escenarios principais serán na praza Central, o parque do Cristo e a praza Arquitecto Antonio Palacios (diante do Concello). O sábado 23 é o primeiro dos días grandes da festa. Pola mañá e pola tarde a animación de rúa encherá a vila de bo ambiente con charangas, teatro, malabares, cabezudos, etcétera. Pola noite, será o turno da verbena, coa actuación dunha banda de música e unha orquestra. Logo da medianoite comezará a “Festa da Xuventude”, coa actuación de “Os Festicultores” e do grupo de percusionistas de Braga Tambombo Tarimba.

O 23 será tamén o día do pregón. Pronunciarao a escritora Marga do Val, natural de
Mosende (O Porriño) ás 21:00 horas dende o balcón da Casa do Concello. A pregoeira afirmou que “agradezo que pensaran en min para ler o pregón, que é algo ao que unha veciña de aquí non se pode negar”. Tamén destacou que “me alegro de que é marabilloso ver un programa con preocupación pola lingua e porque todas as horas do día estean ocupadas, e tamén que unha festa en principio relixiosa se convirta nunha festa para todo o mundo”.

O domingo 24 de novo haberá animación de rúa e verbena, ademais da tradicional Misa do Santísimo Cristo da Agonía. à noite terá lugar o concerto “Reague das Linguas”, coa actuación de Café Cachaça e Renato Spencer.

O luns 25, festivo local, volve a verbena e a animación de rúa, ademais da misa de campaña que se celebrará na capela do Cristo. à noite celebrarase un concerto de funk, co grupo galego Loretta Martin, e presentado polo contacontos Cándido Pazó. A media noite terá lugar a tirada de fotos artificiais.

O venres 29 o Polideportivo Municipal acolle o concerto estelar das festas. O grupo barcelonés Macaco, formado por músicos de varios países, interpretará a partir das 23:00 horas os seus temas máis famosos nun concerto gratuíto e con aforo limitado. Actuará de teloneiro o grupo porriñés de rock El Cubo.

O sábado 30 a actividade central será a Festa da Lingua, un compendio de actividades ao redor da lingua galega que se desenvolverá ao longo de todo o día. Nos soportais da rúa Ramón González poderán verse unha mostra de iniciativas asociativas e empresariais co galego como sinal de identidade. à tarde terá lugar o acto de ceiba de libros ou “bookcrossing”, que consistirá en “liberar” libros en lingua galega en diferentes lugares da vila para que encontren novos lectores. O acto estará presentado por Xurxo Souto e Marga do Val. Ademais da animación de rúa e a verbena, este día pecharase coa actuación de Lamatumbá, un dos grupos galegos máis divertidos e exitosos dos últimos anos.

O domingo 1 de outubro é o día da cita gastronómica porriñesa: a Festa dos Callos. Será dende as 11 da mañá na praa de San Sebastián, acompañada de animación de rúa. O pregoeiro será Francisco Javier Rodríguez, policía local do Porriño e actual campión de Europa de ciclismo de Policías e Bombeiros.

Ese mesmo día celebrarase pola mañá a Festa da Bicicleta. Pola tarde, a Banda de Música Municipal do Porriño e a Coral Os Penediños de Atios estrearán o tema “A pedra que fala”, composto para a ocasión. Trala animación de rúa e a verbena, terá lugar a tirada de bombas de palenque que porá fin a unha nova edición das festas.

Moisés Ãlvarez Jorge (Responsable de Prensa do Concello do Porriño), 2006-09-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES