Notas de prensa

O concello de Brión inviste máis de 53.000 euros na restauración de 30 lavadoiros, cinco fontes e dous muíños

Tamén se están a realizar obras para ampliar camiños en Brión de Abaixo.

Cun orzamento de 53.076 euros o Concello de Brión acomete actualmente a restauración e rehabilitación de varios lavadoiros, fontes e muíños esparcidos polo municipio. En total cabe falar de 30 lavadoiros, cinco fontes e dous muíños aos que se lles está a pasar revista. Facemos agora un repaso por oito deles, da man de Hipólito Berdullas, Xefe de Obras do Concello.

Na aldea de Boaventura, na parroquia de San Fins atopamos un lavadoiro de pedra, agora ao descuberto grazas á limpeza da vexetación que o recubría. A colocación dun novo piso evita a perda de auga. Doutra banda, en Guitiande- Os Ánxeles o lavadoiro da zona requiriu un novo tellado e unha limpeza completa. En Perrós (Os Ánxeles) o novo tellado acompañouse do pintado de todo o lavadoiro. En O Ribeiro (Bastavales), o lavadoiro foi liberado da maleza que o rodeaba e as gretas foron reparadas. En Bemil (Bastavales), o muro de pedra foi restaurado e no chan colocouse unha soleira de formigón. Este tipo de chan foi tamén colado no lavadoiro de Soigrexa (Bastavales) que recibiu ademais novo tellado. Finalmente, en Chave de Carballo (Bastavales) atopamos unha fonte en fase de rehabilitación, así como un muíño ao que se lle están a colocar novas pezas para lograr o seu funcionamento.

En Brión de Abaixo

NotaPor petición dos veciños da zona, o Concello de Brión está a levar tamén a cabo unha serie de obras na aldea de Brión de Abaixo. Ditas obras consisten, por un lado na restauración do lavadoiro parroquial cunha reparación específica da súa pía, e por outro na ampliación de varios tramos de camiño e dos muros que os bordean. Os obreiros levan na zona desde o pasado luns. Segundo o Xefe de Obras do Concello, Hipólito Berdullas, “estas accións eran moi necesarias pois os rueiros afectados eran demasiado estreitos para o paso de camións, carretas, etc”.
As actuacións en Brión de Abaixo suporán demoler varios muros para reconstruílos despois con pedra cachote. Os tramos afectados presentan unha lonxitude aproximada de 25 metros x 1’5 de alto. O orzamento destinado a ampliación destes tramos ascende a 26.760,89 euros.

Ana Valín (Gabinete de Prensa do Concello de Brión), 2006-09-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES