Notas de prensa

Vicepresidencia investirá case 20 millóns de euros en mellorar os centros residenciais

Crearanse 1140 novas prazas para persoas dependentes, 736 de nova creación e 404 como consecuencia da adaptación de prazas de válidos.

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, presentou en Santiago o Plan Integral de Mellora de Centros Residenciais para persoas maiores, (P.I.M) que a Vicepresidencia ten xa en marcha e que se estenderá ata o 2008.

Durante este período, está prevista a creación de 1140 prazas en centros residenciais para persoas dependentes, 736 son de nova creación e 404 como resultado da adecuación de prazas para válidos en prazas para persoas dependentes.

O obxectivo deste plan, que conta cun investimento de 19.852.553 euros para o período 06-08 é levar a cabo unha actuación planificada e global de mellora de todos os centros de atención residencial de titularidade autonómica en Galicia. Ademais, a posta en marcha deste plan, persegue ampliar o número de prazas para as persoas que se atopan en situación de dependencia, adaptando así, os equipamentos existentes aos requisitos e parámetros establecidos pola Lei de Dependencia.

Obxectivos do Plan

O obxectivo do Plan de Mellora de Centros Residencias para persoas maiores da Vicepresidencia pretende, deixar atrás o déficit estrutural en materia de atención ás persoas maiores en situación de dependencia.

Preténdese, por un lado, planificar a acción pública, é dicir, superar asa intervencións parciais e fragmentadas, dando paso a unha actuación planificada e global, orientada á mellora de todos os centros de atención residencial de titularidade autonómica en Galiza, das súas instalacións e servizos prestados.

Ademais, trátase de por en marcha unha xestión anticipativa, coa fin de adaptar os equipamentos existentes aos requisitos e parámetros establecidos pola Lei de Dependencia, ampliando o número de prazas para as persoas que se atopan en situación de dependencia, para superar así a xestión reactiva do modelo anterior.

Metodoloxía

O Plan Integral de Mellora de Centros Residenciais para persoas maiores estrutúrase en dúas fases. Unha primeira de avaliación, xa rematada, que consistiu en inspeccionar a situación e o estado dos 15 centros de maiores que hai en Galicia, identificando detalladamente as deficiencias e fixando as necesidades de intervención. Por primeira vez, avaliáronse as necesidades, dun xeito integral e dende unha visión de conxunto.

Hai tamén unha segunda fase de execución destas obras, que son fundamentalmente de mellora de condicións de seguridade, da accesibilidade, habitabilidade, de ampliación e de adaptación aos parámetros de atención á dependencia. Esta fase xa está en marcha xa de aquí a finais de 2006 está previsto adxudicar todos os proxectos das obras.

De feito, o proxecto de reforma integral da residencia de maiores da Nosa Señora das Miragres na localidade ourensá de Cabeza de Vaca, xa está en execución, dadas as graves deficiencias atopadas.

A principios de 2007 iniciarase a licitación das obras nos 14 centros restantes, que se rematarán a finais de ano, nos proxectos menores e a finais do 2008, nos proxectos de maior alcance.

Trátase dun esforzo sen precedentes por parte da Vicepresidencia que deixa claro o compromiso co investimento, a eficiencia e a maior celeridade nas actuacións.

Número de prazas

O número total de prazas para maiores dependentes que se van crear é de 1140. Na Coruña son 360, 170 delas de nova construción e 190 como resultado de adaptar prazas de válidos. Deste xeito, o incremento no número de prazas trala posta en marcha do P.I.M. nesta provincia é dun 33%. En Lugo, haberá 294 prazas máis para maiores dependentes, 284 novas e 10 adaptadas, o que se traduce nun incremento dun 54% no número de prazas. En Ourense, dáse o maior incremento de porcentaxe de prazas. Incrementarase un 57%, coa creación de 144 novas prazas e a adaptación de 94 máis, o que fan un total de 238 prazas. Finalmente en Pontevedra, a posta en marcha do P.I.M suporá a creación de 248 prazas máis para persoas dependentes, das que 138 son novas e 110 adaptadas.Con estes datos, o incremento do número de prazas para os maiores nesta provincia ascende ao 30%

Investimento

O investimento total para a execución das obras ascende a 19.852.553 euros, dos que 17.276.553 se destinarán a obras e 2.576.000 a equipamento.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, 2006-09-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES