Notas de prensa

Urca 2006 analiza en Santiago as iniciativas solidarias desde unha óptica relixiosa

O cantautor Luis Guitarra presenta o sábado 16 de setembro en primicia no colexio La Salle o seu último disco, “Desaprender".

A cidade de Santiago acolle os días 15, 16 e 17 de setembro o encontro “URCA”, que baixo o título “Singradura” amosará diferentes iniciativas solidarias que se están levando a cabo desde unha óptica católica, como a concesión de microcréditos ou o traballo con inmigrantes. Este encontro, organizado pola asociación URCA e que conta coa colaboración da Delegación Diocesana de Pastoral de Xuventude, celébrase anualmente dende 1992.

O encontro comezará o venres no Monte do Gozo cun Urcafé-concerto no que se presentarán as xornadas e no que actuará o grupo de música eMision. Este grupo nace despois de asistir a un concerto en Londres de Delirius, onde sentiron a necesidade de crear un proxecto actual, onde evanxelizar dende a música máis actual, para falar do amor de Deus.

O sábado, día 16, o encontro continuará coa celebración de diferentes talleres e seminarios. Ángela Abad ofrecerá un obradoiro de respiración; Estrela Rúa, un de pintura; Pili Silva, un de arte con fimo e Marisa Vidal afondará a relación entre a danza e a oración. Pola súa banda, os seminarios analizarán diferentes iniciativas levadas a cabo por colectivos solidarios. A asociación Sácalle Punta explicará o traballo que realizan de sensibilización da cidadanía para acadar a súa participación en actividades solidarias e Raúl Asegurado, presidente da asociación de intereses solidarios O Peto, falará sobre unha interesante iniciativa para potenciar o desenvolvemento: os microcréditos, unha nova iniciativa solidaria que ten como fin actuar como unha «banca ética», orientada ao préstamo de cartos en forma de microcréditos para os que non se precisan avais. Os destinatarios son persoas que teñan proxectos de autoemprego e que conten con poucas opcións -ou ningunha- de recurrir á financiación da banca ordinaria. É un sistema bancario de aforro alternativo onde os aforros non están quietos. Trátase de dar primacía á xente sobre o capital e non serve para multiplicar o capital, senón para tratar de repartir a riqueza.

Xa pola tarde, desenvolveranse dúas mesas redondas sobre aspectos que desde o punto de vista social preocupan á cidadanía: a inmigración e a familia. Baixo o título “Familias do século XXI”, Xavi Salgado, do programa Abeiro; Palmi Noya, traballadora social en Ourense con menores, entre outros, debaterán sobre as dificultades ás que se enfrontan as familias afectadas por problemas sociais. Pola súa banda, Miguel Fernández, do Foro da Inmigración, coordinará unha mesa sobre “A inmigración, experiencias dende un inmigrante”.

Último disco de Luis Guitarra

Trala reflexión e a análise chegará o tempo do lecer. Un grupo de mozos e mozas de Caión presentarán un musical, e o cantautor Luis Guitarra presentará en primicia o seu último disco, “Desaprender” que xunta once cancións onde a soliedaridade e a boa música camiñan xuntas.

A maior sigularidade deste disco e que a súa distribución faise sen nengún precio fixado, deixando á vontade do que “merca” o que queira deixar por eles. O diñeiro recaudado, destínase a unha ONG “Como tú, como yo” que utiliza os fondos para a financiación de actividades e de proxectos de desenvolvemento humán realizados con mulleres sen recursos, inmigrantes, transeúntes e ex – reclusos en España e con poboacións empobrecidas en América Latina e Africa.

Esto é posible, porque na gravación – realizada coa colaboración desinteresada de varios estudos de Madrid e Valencia- participan de balde trinta dos mellores artistas do panorama musical actual, que fixeron un disco dunha gran riqueza armónica e unhas letras moi comprometidas coa loita pola xustiza e a paz.

No concerto, aberto ao público, o intérprete madrileño, contará con algúns dos músicos que participaron neste seu terceiro traballo: Alberto Tostado, Raquel Piñago, David Gómez, Javi García e Santi Erlich. O concerto de presentación celebrarase ás 22:30h no Colexio La Salle de Santiago.


Gabinete de Comunicación Arzobispado de Santiago de Compostela, 2006-09-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES