Notas de prensa

Francisco Cruz, reelexido presidente do Consello Galego de Cámaras

As Cámaras de Comercio Galegas conclúen o proceso electoral coa elección do presidente e Comité Executivo do Consello Galego de Cámaras.

Francisco Cruz foi reelixido o 11 de setembro presidente do Consello Galego de Cámaras por un período de catro anos. A reelección produciuse por unanimidade. Francisco Cruz, nacido o 6 de febreiro de 1958, foi presidente do Consello Galego de Cámaras dende o 24 de maio de 2005. à súa vez é presidente da Cámara de Ferrol dende 1998, sendo xa o seu terceiro mandato á fronte da entidade cameral departamental.

O Pleno do Consello Galego de Cámaras, baixo a presidencia da directora xeral de Comercio e Consumo, Ana Rúa Souto, elixiu tamén os membros do Comité Executivo, que estará composto por: José García Costas, vicepresidente e presidente da Cámara de Vigo; Jesús Asorey Carril, tesoureiro e presidente da Cámara de Santiago e dous vocais, Ovidio Fernández Ojea, presidente da Cámara de Ourense e Alfredo Mosteirín Castañer, presidente da Cámara de Lugo.

O pasado 21 de agosto foron elixidos, por unanimidade, os tres vocais consultores do Consello: Antonio Fontenla Ramil, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Francisco Rodríguez García, presidente da Confederación de Empresarios de Ourense e Hipólito Trinidad Losada, presidente da Asociación da Construción de Lugo.

O presidente do Consello, Francisco Cruz, deu as grazas e manifestou que agora comeza o arduo labor para dar cumprida resposta ao empresariado galego.

Pola súa parte, a directora xeral manifestou o importante paso dado no día de hoxe, que é o comezo. E que a súa andadura contará co apoio da Consellaría de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Os tres vocais cooperadores en palabras do Sr. Fontenla manifestaron a súa satisfacción por estar nesta mesa e ofreceron todo tipo de colaboración.

Consello Galego

Segundo o artigo 49 da Ley 5/2004, de 8 de xullo, das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de Galicia; o Consello Galego de Cámaras creouse como organismo de representación, relación e coordinación das cámaras e como organismo consultivo e colaborador da Xunta de Galicia. Así se constitúa como corporación de dereito público con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins.

O Pleno do Consello Galego está integrado polos presidentes das nove Cámaras de Comercio galegas, tres vocais consultores elixidos de entre persoas de recoñecido prestixio nos ámbitos empresariais de Galiza e un representante do órgano tutelar con voz pero sen voto.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2006-09-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES