Notas de prensa

Vicepresidencia fará unha tirada masiva do catálogo da mostra Nazón de Breogán para repartir nos centros xuvenís

O secretario xeral e de Relacións Institucionais participou en Arzúa na inauguración da segunda versión da exposición.

A Vicepresidencia da Xunta vai facer unha edición masiva -de 50.000 exemplares nunha primeira tirada- do catálogo da exposición Nazón de Breogán, así como dos carteis das pezas que compoñen esta mostra. Unha mostra cuxa segunda versión inaugurou en Arzúa, na capela da Magdalena, o secretario xeral e de Relacións Institucionais, Antón Losada, quen sinalou que estes exemplares se distribuirán, de balde, na rede de centros de xuventude e do movemento asociativo de Galiza. O obxectivo é acadar que a xente máis nova de Galiza afonde na historia de Galiza e nos distintos momentos históricos vividos.

A segunda versión de Nazón de Breogán, que se abriu en Arzúa, pasou previamente polas localidades de Cervo e de Cerdido. Antón Losada explicou que esta versión en tamaño reducido da mostra se puxo en marcha para que tamén as vilas máis pequenas, e non só as grandes cidades, pidan acollela e así os seus veciños teñan a posibilidade de visitala sen saír do seu municipio e sen ter que desprazarse ás grandes cidades galegas. Dende que a Vicepresidencia se puxo en contacto con todos os concellos galegos no pasado mes de xullo para ofrecerlles a posibilidade de acoller esta exposición, máis de 60 municipios teñen xa confirmada a presenza de Nazón de Breogán. Desta maneira, Losada manifestou que se superaron amplamente as expectativas iniciais, polo que o que ía ser só un programa itinerante dun ano, agora vaise prolongar ao longo de toda a lexislatura.

O secretario xeral da Vicepresidencia fixo referencia tamén ao éxito que está acadando a mostra inicial de Nazón de Breogán, que está percorrendo as sete grandes capitais galegas. Dende o 27 de xuño ata o 10 de setembro, permaneceu en Santiago -na Fundación Caixa Galicia-, onde recibiu preto de 20.000 visitantes, cunha media diaria de 300 visitas. A finais deste mes de setembro inaugurarase na cidade da Coruña, no Museo de Belas Artes, onde permanecerá nos vindeiros meses.

Historia de Galiza

“Nazón de Breogán” fai un percorrido pola historia do país dende as súas orixes ata o ano 1936, con motivo da conmemoración do 70 aniversario da celebración do plebiscito do Estatuto de 1936. O secretario xeral destacou que “Nazón de Breogán” axudará a entender de onde vimos e a definir mellor cara onde queremos avanzar. Trátase dun percorrido histórico, épico e mitolóxico, “un xeito de soñar Galiza”, xa que as nacións deben de soñar, pois os soños son os que as fan grandes. Losada sinalou ademais que a mostra quere renderlle unha homenaxe a todos aqueles galeguistas que traballaron polo autogoberno de Galiza. Outro dos obxectivos da colección é achegar ao espectador á nosa especificidade histórica e identitaria, reforzando o seu sentido de pertenza a unha comunidade singular. A terceira finalidade da mostra é a de involucrar e facer partícipe á sociedade galega do importante momento histórico no que estamos inmersos.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, 2006-09-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES