
Neste torneo, reuníronse un total de 42 competidores de toda a comarca como A Coruña, Cambre, Arteixo, Oleiros e Culleredo; doutros puntos de Galicia como Ferrol, Cerceda, Ordes, Lugo, etc.; e incluso contamos coa participación dun xogador canadense. Esta cifra supón un importante incremento respecto ós 31 deportistas da pasada edición. Máis aínda se temos en conta o alto número de nenos que tomaron parte no evento promocional.
O torneo iniciouse ó redor das 16.30 h e constou de 7 roldas a 15 min. por xogador. A sétima partida rematou sobre as 21.00, trala cal Francisco J. Toba Rodríguez, con tan so 11 anos de idade, se proclamou campión absoluto cedendo un solo empate en todo o Torneo. O segundo posto foi para o canadense Serge Archambault. No apartado sub-16, saltou a outra sorpresa do torneo ó resultar campión outro rapaz de 11 anos, Julio Fariñas Pose, quedando por diante de competidores de maior idade e experiencia que el. Nesta mesma categoría, o subcampionato foi acadado por Víctor González Carro. Finalmente, na sub-12, o campión foi o local David Esteban Ferreiro, e o segundo posto foi para Darío Pereiro Barreiro. Finalmente, o premio ó mellor xogador local recaeu en José Manuel Zapata quen, tras un excelente torneo, rematou 13º na clasificación xeral.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.