
O secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Santiago Gómez-Reino, recibiu, en nome do Executivo autonómico, aos coordinadores nacionais e responsables de cooperación de 22 países iberoamericanos que están en Santiago para preparar o Cumio de Xefes de Estado e de Goberno que se celebrará no mes de novembro en Montevideo. No acto de inauguración das xornadas, celebrado no Hostal dos Reis Católicos, tamén participou a directora xeral de Cooperación Exterior da Xunta, Fabiola Sotelo.
Estas 22 delegacións, presididas polo Secretario Xeral Iberoamericano, Enrique Iglesias, deseñarán a partir de hoxe e ata o venres en Santiago a axenda de traballo e as principais liñas de actuación do Cumio Iberoamericano de Montevideo. Nesta ocasión, os temas centrais do encontro serán as políticas de migracións e desenvolvemento.
Santiago Gómez-Reino deulles a benvida a Santiago e subliñou a oportunidade e a importancia de analizar esta temática de innegable actualidade. Neste sentido, engadiu que o binomio migracións e desenvolvemento require a atención de todos os países do globo e o deseño de políticas tanto sociais como económicas.
O secretario xeral de Exteriores comunicoulles aos asistentes ao acto inaugural a gratitude permanente de Galicia con todos aqueles países que acolleron aos emigrantes galegos e tivo palabras de recoñecemento para o Secretario Xeral Iberoamericano, Enrique Iglesias. Gómez-Reino destacou a enerxía e intelixencia de Iglesias e amosouse confiado en que o traballo que está a desenvolver o seu equipo contribuirá á consolidación, fortalecemento e proxección internacional da Comunidade Iberoamericana.
Pola súa banda, o secretario xeral iberoamericano, Enrique Iglesias, agradeceu o apoio decidido da Xunta na organización deste encontro e amosou a solidariedade da comunidade iberoamericana cos momentos difíciles que viviu Galicia nas últimas semanas por causa dos lumes forestais. Así mesmo, Iglesias tamén declarou que os encontros destes días terán unha moi rica axenda centrada en proxectar ao mundo a comunidade iberoamericana.
En total, participan nestas catro xornadas preparatorias preto de medio cento de viceministros e directores xerais de Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, O Salvador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Portugal, Principado de Andorra, República Dominicana, Uruguai, Venezuela, Cuba, Paraguai, Perú, Costa Rica, Panamá e Ecuador, coordinados polo Secretario Xeral Iberoamericano, Enrique Iglesias.
A Secretaría Xeral Iberoamericana (SEGIB) é o órgano de apoio institucional, técnico e administrativo á Conferencia Iberoamericana. De recente creación e con sede en Madrid, é responsable da organización dos Cumios Iberoamericanos, en estreita colaboración coa Secretaría Pro-Tempore, que cada ano ostenta o país organizador. Así mesmo, realiza un seguimento dos acordos establecidos nos Cumios e actúa como enlace entre un cumio e outro.
Esta secretaría ten como obxectivo fortalecer a cooperación rexional a través de iniciativas, programas e proxectos. Ao mesmo tempo, contribúe á promoción internacional da Comunidade Iberoamericana no marco dos mandatos recibidos dos Xefes de Estado e de Goberno.
A Conferencia Iberoamericana é un foro de consulta e concertación política que reúne anualmente aos Xefes de Estado e de Goberno das 22 nacións de fala hispana e portuguesa de América Latina e Europa. O seu propósito é reflexionar sobre os desafíos do contorno internacional, así como impulsar a cooperación, coordinación e solidariedade rexionais.
O presidente da Xunta recibe ao secretario xeral do órgano responsable da organización dos Cumios Iberoamericanos:
O titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, recibiu no seu despacho da Área de Goberno do Parlamento, a Enrique Iglesias, secretario xeral do órgano responsable da organización dos Cumios Iberoamericanos. Durante a xuntanza, o máximo mandatario autonómico interesouse polos traballos de preparación do XVI Cumio Iberoamericano de xefes de Estado e de Goberno que se van desenvolver desde hoxe mesmo e ata o próximo venres na cidade de Santiago de Compostela.
Emilio Pérez Touriño amosouse satisfeito de que se teña elixido Galicia para a elaboración da axenda de traballo do cumio, que versará, fundamentalmente, sobre as migracións e o desenvolvemento.
Nesta xuntanza preparatoria do XVI Cumio Iberoamericano de xefes de Estado e de Goberno, que terá lugar en Montevideo en novembro, participarán responsables da área de cooperación ao desenvolvemento e coordinadores nacionais de 22 Estados americanos e da península Ibérica. As xornadas de elaboración da axenda do Cumio Iberoamericano desenvolveranse no Hostal dos Reis Católicos.
En total, participarán nestas reunións preparatorias preto de medio cento de viceministros e directores xerais de Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, O Salvador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Portugal, Principado de Andorra, República Dominicana, Uruguai, Venezuela, Cuba, Paraguai, Perú, Costa Rica, Panamá e Ecuador, coordinados polo Secretario Xeral Iberoamericano, Enrique Iglesias.
A Secretaría Xeral Iberoamericana (SEGIB) é o órgano de apoio institucional, técnico e administrativo á Conferencia Iberoamericana. De recente creación e con sede en Madrid, é responsable da organización dos Cumios Iberoamericanos, en estreita colaboración coa Secretaría Pro-Tempore, que cada ano ostenta o país organizador. Así mesmo, realiza un seguimento dos acordos establecidos nos Cumios e actúa como enlace entre un cumio e outro.
Esta secretaría ten como obxectivo fortalecer a cooperación rexional a través de iniciativas, programas e proxectos. Ao mesmo tempo, contribúe á promoción internacional da Comunidade Iberoamericana no marco dos mandatos recibidos dos Xefes de Estado e de Goberno.
Enrique Iglesias comezou a súa xestión como Secretario Xeral Iberoamericano o 1 de outubro de 2005 despois de ter sido, ao longo de 17 anos, presidente do Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID). Anteriormente, foi ministro de Relacións Exteriores de Uruguai (1985-1988); secretario executivo da Comisión Económica para América Latina e Caribe das Nacións Unidas (CEPAL), entre 1972 e 1985; secretario xeral da Conferencia das Nacións Unidas sobre Fontes de Enerxía Novas e Renovables que tivo lugar en Nairobi, Kenia, en 1981, e presidente da Reunión Ministerial que deu inicio á Ronda Uruguai do Acordo Xeral sobre Aranceis e Comercio (GATT), en Punta del Este, Uruguai, en 1986. Entre 1966 e 1968 foi presidente do Banco Central de Uruguai.
Iglesias iniciou a súa carreira en 1954 no sector privado como Director da Unión de Bancos de Uruguai. No eido académico foi profesor de Desenvolvemento Económico e Director do Instituto de Economía da Universidade da República de Uruguai. Foi membro do Directorio do Consello Latinoamericano de Ciencias Sociais (CLACSO), e participou en diferentes cursos da CEPAL, da Asociación Latinoamericana de Integración (ALADI), e do Instituto Latinoamericano e do Caribe de Planificación Económica e Social (ILPES) de Nacións Unidas, a cuxo Directorio pertenceu desde 1965 e do que foi presidente entre 1967 e 1972.
Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.