Notas de prensa

Organizada polo Colexio de Xornalistas de Galicia, a exposición fotoxornalística Marea Negra será inaugurada o luns no Liceo de Ourense

A mostra fotoxornalística MAREA NEGRA, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), será inaugurada mañá luns, día 28 de abril, ás 19´30 horas, no Liceo de Ourense (rúa Lamas Carvajal, 5), onde poderá ser contemplada ata o domingo, 18 de maio.

Formada por 102 imaxes de 57 fotoxornalistas galegos e de fora de Galicia, a mostra estivo xa na Casa das Artes de Vigo e na Igrexa da Universidade de Santiago e recibiu máis de dez mil visitas. As fotografías, rotundas e fermosas, reflicten ben o dramatismo e a conmoción causadas pola catástrofe da marea negra do Prestige. Unha copia destas imaxes está a percorrer, mentras tanto, diferentes provincias andaluzas.
Dúas das fotografías expostas recibiron premios importantes. A de Luís Magán, Premio Nacional de Fotografía, e a de Xurxo Lobato, Premio Ortega y Gasset de xornalismo.
No acto inaugural intervirán o Presidente do Liceo, José Carlos Martínez-Pedraio e o Decano do CPXG, Xosé María García Palmeiro.
Logo da inauguración será ofrecido un viño ós asistentes. A etapa ourensán da exposición forma parte do programa da II Semana pola Liberdade de Prensa organizada polo CPXG e que, entre o 28 de abril e o 2 de maio, ofrecerá outras actividades en Santiago de Compostela e Ferrol.

Colexio de Xornalistas de Galicia, 2003-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES