
Unha vez máis, preséntase a meirande festa en honra da tradición e cultura populares: a V Noite de Lúa Meiga; e, como non, recalcando o marco natural incomparable no que ten lugar: O Miradoiro do Outeiro Grande, no Viso (Redondela), onde se contempla a Ría de Vigo no seu esplendor.
Este festival pretende ser un referente na defensa e difusión da música e culturas tradicionais. Deste xeito, agrupacións folclóricas da comarca, grupos noveis e consolidados da música tradicional e folk de Galicia, así como artesáns, únense para dar luz á xa 5ª edición desta xa consolidada Noite da Lúa Meiga. O idioma, canto e música en galego, como medio de expresión da nosa tradición, é o eixe sobre o que se fundamenta este evento, constante nos días en que éste dura.
A V Noite de Lúa Meiga celébrase os días 26 e 27 de agosto de 2006. O sábado 26, a iso das 19h o recinto acolle a mellor das Feiras de Artesanía para os interesados en todo o feito dende aquí, da forma máis artesanal. Posteriormente, a iso das 21.30h, e así é como se anuncia a chegada da lúa coa Ría de Vigo de fondo, grupos de renome na Galiza son os encargados de facernos troulear e gozar coma nunca nun Concerto onde se amosa o noso ser máis festeiro e representativo. Grupos que, sen dúbida algunha, farán pasar unha velada inesquecible a cada un dos asistentes a esta V Noite de Lúa Meiga, gozando da auténtica ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡FESTA RACHADA!!!!!!!!!!!!!!
O domingo 27 continuaremos dende pola mañá coa Feira de Artesanía; grupos tradicionais serán os encargados de amenizar a velada, e a xente achegarase en romería ó monte Outeiro Grande, onde se realizará un gran xantar popular no medio da natureza. Os asistentes apoderaranse do monte e colaborarán como antaño traendo diversas viandas e instrumentos, cos fentos, piñeiros e carballos coma testemuñas de excepción. Pola tarde darán comezo os Xogos Populares, dirixidos a pequenos e maiores que queiran pasar un rato do máis divertido: tiro da Corda, carreira de Sacos, busca do Tesouro, chave, rastrexo, carreiras,... e máis. Non cabe dúbida que se poderá descargar toda a adrenalina,...
Máis información: http://www.terrameiga.net
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.