
O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) da ConsellerÃa de Cultura e Deporte e Editorial Galaxia veñen de coeditar a obra Manuel LugrÃs Freire. Do texto ao escenario, unha aproximación á obra dramática do escritor sadense no contexto europeo e galego, coa que se inaugura a serie Grandes Manuais dentro da colección Biblioteca de Teatro. O profesor Manuel F. Vieites asina a edición deste libro, que recolle aportacións doutros sete autores, e co que se rende unha homenaxe á figura de LugrÃs Freire como dramaturgo e home de teatro.
Afonso Becerra de Becerreá, Cristina DomÃnguez Dapena, Daniel González Salgado, Mar Montenegro, Norma RodrÃguez, Ricardo Solveira, Damián VillalaÃn e o propio Vieites participan no volume mediante a achega de distintos escritos cos que se traslada unha completa visión de conxunto. Trátase de materiais de moi diverso tipo que teñen como finalidade orientar e potenciar a práctica do teatro, tanto para iniciar como para desenvolver proxectos de creación, expresión, comunicación e recepción teatral.
A figura e a obra de LugrÃs Freire, a quen a Real Academia Galega decidiu dedicar o DÃa das Letras Galegas 2006, abórdanse neste libro como un exercicio necesario de recuperación da nosa memoria histórica. Estruturase ao través de dúas partes diferenciadas: unha primeira sobre os estudos literarios e teatrais que contextualizan a escrita e publicación da obra de Manuel LugrÃs Freire no seu tempo; e unha segunda dedicada á creación teatral, na que se analiza o proceso que vai do texto ao espectáculo.
COLECCIÓN ABERTA
A nova entrega ocupa o número 1 da serie Grandes Manuais, que xorde co obxectivo de publicar obras de autorÃa galega que, dende unha perspectiva sistemática e pormenorizada, afonden nunha área teatral concreta co obxectivo de potenciar dende Galicia a produción e a difusión do coñecemento sobre as artes escénicas.
Grandes Manuais vénse a sumar ás outras dúas series xa abertas nesta Biblioteca de Teatro, xa que até agora existÃan as tituladas Manuais, dentro da que se están a traducir ao galego textos de referencia internacional no ámbito dos estudos teatrais; e Breviarios, na que se inclúen libros de autores e profesionais galegos a través dos que se proporciona unha introdución xeral e de carácter eminentemente práctico a unha determinada materia, en consoancia coa asignaturas impartidas na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.
O Festaclown volve a converter VilagarcÃa de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. CompañÃas e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.