Notas de prensa

Pesca financia a automatización do sistema de venda na lonxa de marisco de Vigo

Carmen Gallego e Abel Caballero asinaron o convenio que permitirá mellorar a comercialización e concentrar as descargas dos portos da ría nun único punto de venda.

A conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Abel Caballero, asinaron o convenio de colaboración polo que se automatiza a lonxa de marisco do Berbés dotandoa de todos os medios necesarios para que a comercialización da pesca se leve a cabo nas mellores condicións. Ambos organismos formilizaron hoxe este acordo cun obxectivo fundamental: mellorar o tratamento das descargas realizadas nos portos da Ría de Vigo, facilitando a súa concentración nun único punto de venda.

Esta ría, ademais de contar co porto de interese xeral de Vigo, xestionado
pola Autoridade Portuaria, acolle aos portos autonómicos de Arcade,
Redondela, Vilaboa, Moaña (Meira), Cangas e Baiona. Neste senso, debemos
ter en conta que, así como as descargas na terminal viguesa teñen unha
importancia vital, todos os portos restantes amosan un significativo volume
de traballo, que debido ao propio emprazamento dos peiraos ao longo do
litoral, á grande variedade de especies capturadas e á diversidade da frota
operadora, fai que a comercialización non sexa todo o racional e vantaxosa
que puidera ser.

A atomización das confrarías e demais organizacións do sector, que operan
diseminadas xeograficamente ao longo desta ría, fai aconsellable concentrar
a súa actividade de comercialización para evitar a caída de prezos. Neste
senso, a conselleira de Pesca salientou “a presenza neste acto das
organizacións sectoriais da Ría de Vigo, que camiñan conxuntamente cara a
centralización das vendas na lonxa de marisco do Berbés”. Segundo explicou
Gallego Calvar, “trátase dun proxecto colectivo dirixido á racionalización
das canles de comercialización, co fin de optimizar a operatividade e a
economía de costes, procurando un mellor aproveitamento das sinerxias e
mellores prezos de venda dos produtos pesqueiros”.

A través deste convenio, Pesca e Autoridade Portuaria proporcionan á lonxa
de marisco do Berbés de todo o equipamento técnico e informático necesario
para automatizar o seu sistema de venda. Esta actuación redunda nunha
mellor identificación do produto, nunha maior garantía para o comparador e
unha maior axilidade na tramitación administrativa e na facturación das
vendas. Ademais, o novo sistema permitirá ás administracións dispor dos
datos de venda da lonxa en tempo real.

Ao abeiro deste acordo, a Consellería de Pesca achega un orzamento que
supera os 160.000 euros, destinados a subministrar e instalar a
infraestrutura de pesaxe electrónica, con unidades de procesamento de datos
e de etiquetado electrónico; ademais dun sistema informatizado de recollida
e tratamento de datos dos participantes nos procesos de descargas,
exposición, poxa, adxudicación e venda de peixe e marisco. Pola súa banda,
o Porto de Vigo faise cargo da financiación das reformas que foron
necesarias na lonxa de marisco, co fin de axeitala para o control
informatizado das descargas de pesca.

Mellora da navegación de buques

Carmen Gallego e Abel Caballero rubricaron un segundo acordo co
que se busca mellorar as concidicións de navegación e seguridade marítima
das embarcacións que navegan preto das nosas costas. Con este obxectivo,
aproveitaranse os adestramentos dun dos helicópteros do Servizo de
Gardacostas, o Pesca I (con base en Peinador) para solventar as pequenas
avarías que poidan xurdir a bordo dos barcos, sen que éstes se teñan que
achegar a porto. Deste xeito, o Pesca I podería suministrarlles pezas de
recambio ou transportar técnicos se fose preciso, co que se evitarían
desviacións innecesarias e posibles problemas de seguridade marítima.

Aínda que este tipo de accións estarán sempre supeditadas ao
desenvolvemento das tarefas principais do Pesca I de busca e salvamento
marítimo, segundo indicou a conselleira, “trátase de optimizar a media de
300 horas anuais de adestramentos e tripulacións do helicóptero para
contribuir indirectamente á política de seguridade marítima que se está a
impulsar dende o Goberno da Xunta”.

Pola súa banda, a Autoridade Portuaria facilitará o material necesario para
que a aeronave poida realizar estes traballos e financiará a impartición
dos cursos de instrución aos pilotos e aos técnicos requeridos co fin de
adestralos neste tipo de operacións.

Marca de calidade

A conselleira de Pesca aproveitou a súa visita ao Porto de Vigo para
anunciar que o seu departamento está traballando na creación dunha marca de
calidade que englobará a todos os produtos galegos da pesca artesanal e o
marisqueo. Carmen Gallego explicou que se trata dun proxecto moi ambicioso
que pretende asegurar que os produtos percorran toda a cadea de
comercialización ata o punto de venda final, identificados con esta
certificación que garantice que proceden da pesca e o marisqueo galegos.

A marca está a ser desenvolvida a partir da lei de promoción e defensa da
calidade alimentaria galega e basearase nuns criterios mínimos: que os
produtos pesqueiros sexan de orixe galega, que o tempo de desembarco dende
a captura dos mesmos non sexa superior ás 24 horas e que cumpra uns
estandares de calidade predeterminados. Os produtos serán certificados en
primeira venda por persoal das lonxas adheridas ao sistema e formados
previamente. Ademais, o departamento que dirixe Gallego Calvar está
traballando coa Consellería de Medio Rural para que os produtos
identificados con esta marca de calidade poidan adherirse á certificación
Galicia Calidade.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2006-07-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES