Notas de prensa

A economía galega crece un 3'7% no primeiro trimestre e supera en dúas décimas o crecemento do conxunto de España

O PIB da economía galega tamén supera en dúas décimas o crecemento do trimestre anterior grazas ao impulso do sector industrial.

O crecemento da economía galega durante o primeiro trimestre de ano mantén o bo pulso con que rematou o exercicio 2005 e mesmo supera a taxa de crecemento do último trimestre. Segundo os datos de Contabilidade Trimestral feitos públicos hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE), o crecemento do Produto Interior Bruto (PIB) galego no primeiro trimestre deste ano foi dun 3,7%, dous décimas por riba do rexistro do cuarto trimestre, e tamén dúas décimas máis que o crecemento rexistrado no conxunto español. Este incremento é o máis elevado dende o terceiro trimestre do ano 2004, ano e período especialmente significativo por celebrarse o Xacobeo.

Entre os rasgos máis salientables do período, os datos do IGE revelan o maior dinamismo da Formación Bruta de Capital, que creceu un 4,6% -fronte ao 4,4% do trimestre anterior-; e o crecemento acelerado das exportacións fronte ás importacións. En ámbolos dous casos, a evolución rexistrada supera ao do último trimestre do ano 2005, cun crecemento do 7% no caso das vendas ao exterior; e dun 6,6% no das compras. Na primeira magnitude, segundo indica o informe do IGE, é de salientar o positivo comportamento do turismo e das exportacións fóra de España.

Destaca tamén, dende a perspectiva da oferta, a aceleración rexistrada no sector industrial que avanza un 4,9% grazas, principalmente, á evolución das ramas de produtos enerxéticos (+3,8%) e de produtos industriais (+5,2%). Este crecemento, segundo recoñece o IGE, está en consonancia co forte crecemento experimentado polo Indice de Produción Industrial. O último dato dispoñible deste indicador, relativo ao mes de maio, amosa un crecemento en Galicia do 11,6% -a segunda comunidade tras Cantabria- fronte á media española do 7,9%.

Boa evolución do emprego

En canto ao emprego, os datos de Contabilidade Trimestral amosan un crecemento interanual do 3,1% durante o primeiro trimestre, que supera en case dous puntos a taxa do último trimestre de 2005, e en oito décimas a taxa media do conxunto dese ano. Medido en termos de ‘creación de postos de traballo a tempo completo’, o balance ata marzo reflicte un aumento de 32.552 nesta unidade. Cualitativamente, o dinamismo da creación de emprego foi maior nos servizos non de mercado e na construción, fronte a unha contracción nas ramas agraria e pesqueira, e enerxética.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, 2006-07-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES