Notas de prensa

Medio Ambiente abre o proceso para a expropiación forzosa de Cortegada, integrada no Parque Nacional Illas Atlánticas

O informe no que se sustenta a decisión da Xunta de Galicia de adquirir este espazo natural estará exposto durante 20 días para permitir aos afectados presentar a súas alegacións.

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible iniciou o proceso para a expropiación forzosa da illa de Cortegada, que xunto coas de Cíes, Ons e Sálvora conforman o Parque Nacional marítimo-terreste Illas Atlánticas. Situada na ría de Arousa, xunto á desembocadura do río Ulla e adscrita ao municipio de Vilagarcía, Cortegada é na actualidade propiedade privada, o que dificulta garantir a conservación dos seus hábitats naturais e das especies que implica a declaración de parque nacional.

Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, publica mañana, luns, no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se somete a información pública o informe coas razóns polas que a Xunta de Galicia proponse adquirir a illa de Cortegada. Este documento, que foi presentado ante o Consello da Xunta o pasado 6 de xullo, quedará exposto durante 20 días hábiles na devandita dirección xeral, na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra e no Concello de Vilagarcía de Arousa co fin de que os propietarios da illa así como as persoas ou entidades afectadas poidan presentar as súas alegacións ou rectificar posibles erros na relación de bens e dereitos que se pretenden expropiar.

O arquipélago de Cortegada, que inclúe catro illotes (Malveira Grande, Malveira Chica, Briñas e Con), é o máis pequenos dos que conforman o Parque Nacional Illas Atlánticas. Ocupa unha superficie terrestre de 43,8 hectáreas e unha marítima de 147,2 hectáreas. Entre os seus valores naturais, salienta o seu bosque de loureiro, cunha extensión de 2,5 hectáreas e exemplares que superan os dez metros de altura. Conta ademais cunha gran diversidade de fungos, con máis de 45 especies únicas en Galicia. A abundancia de hedra así como as cuantiosas aves do seu entorno mariño son tamén significativos valores naturais desta illa.

O Parque Nacional Illas Atlánticas, creado mediante lei estatal de 2002 e que está previsto transferir á comunidade autónoma a finais deste ano, ten que desenvolver un plan director con accións específicas que garantan a conservación favorable dos hábitats naturais e das especies destes arquipélagos. O feito de que Cortegada estea en mans privadas impide levar a cabo estudos e seguimentos de rexeneración, eliminación de especies invasoras ou tarefas de preservación necesarias para a protección da illa, segundo se argumenta no informe elaborado por Conservación da Natureza. Ademais do impracticable manexo das comunidades vexetais e animais, a titularidade privada dificulta tamén moito a evolución de xeito natural dos procesos ecolóxicos.

Coa incorporación de Cortegada ao patrimonio de todos os galegos, a Consellería de Medio Ambiente persegue ante todo garantir a súa conservación, salvagardar o rico e importante patrimonio natural deste arquipélago. “A adquisición da illa permitiría, en definitiva, desenvolver un verdadeiro programa de utilización pública deste espazo natural así como cumprir cos obxectivos que implica a súa declaración como Parque nacional”, salienta Conservación da Natureza no seu informe.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, 2006-07-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES