
A Organización do evento, que se celebra do 7 ao 11 de Agosto no
primeiro andar do Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador de
Celanova, conta con moitas novidades para esta II Edición.
Respecto ao ano pasado amplíanse competicións e talleres ademáis de ofertar actividades para os visitantes que pasen a ver como transcorre o Encontro Informático. Ás competicións que se levaron a cabo na anterior edición, súmanse este ano as de Vídeo Dixital e Programación.
Grazas á colaboración de algúns participantes ao evento, pola vontade de axudar a pasalo o mellor posible, cóntase coa posibilidade de competir ó "Dance Dance Revolution", ó Pin Pon, ó Futbolín, etc...
Coa intención de que o evento demostre que a informática é un instrumento de eliminación de barreiras, contarase cun taller para os rapaces do Centro de Diminuidos Psíquicos sito na Mancomunidade Terras de Celanova.
As persoas que desexen asistir á Lan Party pódense informar e inscribir na páxina web do evento, www.celanovaparty.net
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.