Notas de prensa

Adega reclama da Xunta e os concellos medidas urxentes para atallar a especulación urbanística na costa

Denuncia a indefensión e desinformación dos veciños fronte á chantaxe dalgunhas construtoras que ameazan coa expropiación.

En moitas vilas da costa galega son xa familiares os "señores do maletín". Trátase de apoderados e axentes comerciais de grandes grupos inmobiliarios que están a mercar todo o terreo que poden.

Tanto ten a cualificación do chan: rústico, de protección, Rede Natura... Parecen ter a seguridade de que poder edificar onde os demáis non poden.

Aliás, ADEGA ten recibido denuncias de "chantaxes" á poboación, utilizando a expropiación como ameaza, ao abeiro da nefasta figura do "axente urbanizador". Estes feitos, unidos á desinformación moitas veces interesada da poboación, están a criar un estado de indefensión que aproveitan algúns especuladores sen escrúpulos.

A este respeito, ADEGA quere lembrar que non é posíbel aplicar a figura do "axente urbanizador", que Galiza se denomina "Sistema de Actuación por Xeración de Obra Urbanizada" sobre un chan que non ten a cualificación de urbano. Por esta razón, é o concello ten que recualificar previamente os terreos e a Xunta (Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e
Transportes) autorizalo. Deste xeito, é responsabilidade das
administracións local e autonómica autorizar as recualificacións que precisan as constructoras para poder "marbellizar" o noso litoral. E polo mesmo, a cidadanía temos aí unha garantía fronte aos abusos de poder e a prepotencia dalgunhas empresas e, ao mesmo tempo, dispoñemos dun poderoso instrumento de presión (a nosa mobilización e os nosos votos) fronte aos responsábeis públicos á hora de esixirlles transparencia, información e
sensibilidade coa nosa costa.

Por este motivo, ADEGA demanda dos poderes públicos, Xunta e concellos, que tutelen e garantan os intereses xerais, os de todos os veciños e veciñas, fronte aos atropellos das inmobiliarias. É o seu deber informar á cidadanía sobre o que poden ou non poden facer estas empresas, para rematar coas actitudes prepotentes e a indefensión da poboación. Asemade,
as administracións deben actuar na cuestión urbanística con criterios de xustiza social e sostibilidade e non permitir que unha empresa, por moitos cartos que pague, poida facer o que non poden os veciños nas súas terras.

Cómpre lembrar que as grandes urbanizacións no litoral, aliás de comportar irreparábeis perdas ambientais, non solucionan o problema da vivenda: son a miúdo segundas residencias para persoas con alto poder adquisitivo, moitas veces de fóra, que as utilizan poucos meses ao ano. No entanto, os veciños ven imposibilitado o seu acceso a unha vivenda digna a prezos razoábeis e comprometidas as posibilidades de desenvolvemento sustentábel das vilas costeiras.

ADEGA volta a esixir á administración medidas urxentes para garantir unha planificación sustentábel do noso litoral. A Lei de Protección da Paisaxe Galega, que verá a luz en 2007 e o Plano Reitor de Usos da Costa anunciado para este ano, poden chegar tarde se non se declara unha moratoria urbanística xa. Os especuladores deben saber que na nosa costa non vale todo.

Aliás, o governo do Estado, de quen dependen aínda amplas competencias nas nosas costas, debería adoitar tamén medidas legais urxentes, comezando pola derogación da disposición transitoria terceira introducida na Lei de Costas polo PP no ano 2002, colada de rondón na "Lei de Acompañamento" dos orzamentos dese ano. Esta disposición, supón de facto subordinar os
intereses xerais en canto á protección da costa ao planexamento dos concellos, o que abre a porta á privatización encuberta do litoral. En virtude desta norma, se un chan ten a cualificación de urbano denantes de 1988 (data da entrada en vigor da Lei de Costas), a servidume de protección pasa de 100 m a 20 m. Un concello só ten que demostrar a natureza urbana dun lugar, para automáticamente poder urbanizar a partir de 20 m da liña de costa.

Estas e outras medidas en defensa do noso litoral contan co apoio de amplos sectores sociais, e por suposto do movemento ecoloxista. A responsabilidade está agora en mans das administracións, que teñen que demostrar de qué parte están na loita contra a "marea de cemento" que ameaza con asolagar as nosas costas.

Adega, 2006-07-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES