Notas de prensa

Os concellos recibirán os seis millóns de euros adicionais do Fondo de Cooperación Local

A Consellería de Economía e Facenda e a Fegamp alcanzaron un acordo sobre os criterios de reparto do fondo complementario de 6 millóns de euros incluido nos orzamentos deste ano.

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, presidiu a reunión da subcomisión de Réxime Económico e Financeiro da Comisión Galega de Cooperación Local na que se acordaron os criterios de distribución do novo fondo complementario do Fondo de Cooperación Local dotado con seis millóns de euros. A proposta elaborada pola consellería en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) permitirá –tras o acordo por parte da Comisión e a súa posterior tramitación como proxecto de decreto e entrada en vigor- que os concellos reciban os recursos do fondo complementario. Segundo as previsións dos prazos do procedemento, as transferencias dos fondos poderían iniciarse a partir do mes de setembro.

O acordo proposto pola subcomisión para o reparto atribúe a metade do fondo aos concellos de menos de quince mil habitantes; unha cuarta parte a repartir entre todos os concellos; e outro tanto para os concellos cunha poboación entre quince mil e cincuenta mil habitantes. Os criterios de distribución, que atenden aos indicadores de superficie, dispersión e esforzo fiscal, están concibidos básicamente para reforzar os recursos asignados aos concellos de menor poboación dentro dos principios de cohesión e reequilibrio territorial. Estes concellos son, precisamente, os que presentan, en termos xerais, os maiores problemas de suficiencia financeira, agravada en moitos casos por unha evolución demográfica regresiva.

O fortalecemento da capacidade financeira dos concellos é un dos obxectivos do Goberno galego que xa tivo o seu reflexo nos Orzamentos da Comunidade para o ano 2006. Así, o Fondo de Cooperación Local incrementouse neste exercicio en algo máis de doce millóns de euros ata os 85,15 millóns de euros, o que supón un 16,8% máis e no que se inclúe o novo fondo complementario de 6 millóns de euros, e outros cinco millóns de euros da liquidación de exercicios anteriores. Estas medidas forman parte, ademais, do contido do Pacto Local asinado pola Xunta de Galicia e a Fegamp a principios deste ano co obxectivo de avanzar na redistribución de competencias entre as Administracións galega e local, nas necesidades finaceiras dos concellos para a prestación eficaz dos servizos aos cidadáns, e na posible corrección dos desequilibrios en determinadas áreas.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, 2006-07-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES