Notas de prensa

Berrogüetto e Brigada Víctor Jara, principais atractivos do XXII Festival Intercéltico do Morrazo

Unha zona de acampada de balde, exhibicións, contacontos, teatro de títeres e distintos obradoiros complementan a oferta musical do evento.

O alcalde de Moaña, Xosé Manuel Millán, e o concelleiro de Cultura e Patrimonio do
Concello de Moaña, Xan Cancelas, presentaron o contido da XXII edición do Festival
Intercéltico do Morrazo, que ten lugar os días 28, 29 e 30 de xullo. O núcleo deste
acontecemento anual son os macroconcertos programados no palco do paseo marítimo, que reúnen dende bandas respetadas pola crítica internacional, coma Berrogüetto ou Brigada Víctor Jara, baluartes da música galega coma Os Cempés e formacións cunha traxectoria menos coñecida, pero de alta calidade artística.

Os concertos comezan o venres día 28 coa actuación de Fiandola, un grupo que gusta de recuperar e difundir vellas cancións populares. A continuacíón, un dos pratos fortes do Festival, Brigada Víctor Jara, que volven visitar Galicia cun directo de perfecta factura na que as melodías de raíz portuguesa presentaranse baixo as notas tanto de instrumentos tradicionais coma modernos. Pechará a noite o grupo de pandereteiras Leilía.

O sábado arrinca coas gaitas de Treixadura, que acompañadas polas voces do Orfeón Treixadura, transportan ó público ás vellas romerías do país. Logo será o turno de Camaxe, formación que recolle a música de raíz galega para envolvela coas máis variadas influencias.

Cancións tradicionais e de autor ó ritmo da batería, do baixo e da guitarra electrónica serán a proposta dos Cempés, que pechan unha segunda xornada de concertos que se alonga ata ben entrada a mañán. Pero o venres e o sábado, a festa non remata cos directos. A organización preparou o que se vén chamar Serán e no cal animarase ós asistentes ó Festival a seren eles protagonistas do mesmo e ofreceren actuacións improvisadas ó ritmo das voces e os instrumentos dos
presentes. Unha troula que continuará ata cando o decida o xente.

O último día do Intercéltico traerá a Moaña o alegre espectáculo de MacFeck, expertos en misturar música celta con ritmos e sons pouco habituais nos escenarios galegos, coma a música klezmer, e a Berrogüetto, un dos representantes máis recoñecidos e admirados da música galega, e perfecto colofón para varios días de concertos e actividades que convertiranse en referencia no calendario musical galego.

Zona de acampada e un programa de actividades

A principal novidade deste ano é a zona de acampada de balde, coa que se pretende
anima-los asistentes a permanecer na localidade durante os días que dure o Festival. Esta zona está situada no campo de fútbol da Xunqueira, preto do lugar onde se celebrarán os concertos e evitará longos e pesados desprazamentos.

A música non será a única manifestación cultural presente no Festival. Ademais dos
concertos, a edición deste ano conta con toda unha serie de actividades, que enriquecen o contido do Intercéltico e que recuperarán o espírito que tivo este acontecemento nos seus primeiros anos de existencia.

O luns día 24 poranse en marcha dúas exposicións fotográficas. A primeira delas, no ‘Var con V’ fai un percorrido pola historia de Moaña e do Intercéltico, mentres que a segunda céntrase na música tradicional, e máis en concreto nos cuartetos, a través dun conxunto de imaxes repartidas polos locais da vila.

Para o mércores está programado o inicio de obradoiros de percusión, gaita, baile
galego e baile bretón, pensados para achega-lo coñecemento destas disciplinas ó público. Estes obradoiros estarán dirixidos respectivamente por Alberto Costas, Diego Mariño, Sergio Cobos e Jesús Cancelas, figuras respetadas nos seus campos de actividade.

O teatro de títeres chega o xoves da man de Tanxarina cunha obra concebida para
deleitar a un público infantil, pero que de seguro despertará o interese de grandes e maiores. O venres e o domingo é o turno dos contacontos Codia e Miolo que, antes do comezo dos concertos, entreterán ós visitantes con representacións inspiradas no Intercéltico. Tampouco podía falta-lo baile galego nunha festa coma ésta, espectáculo que correrá a cargo de varios grupos do Morrazo. E para rematar, os pasacalles de Chaneiros e Tromentelo animáran as mañás do sábado e do domingo cos seus desfiles de música e bo ambente.

Festival Intercético Morrazo, 2006-07-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES