Notas de prensa

Medio Ambiente desbota o proxecto de piscifactoría en Corrubedo

No decurso da primeira reunión do COGAMA (Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible), o Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, en resposta á reclamación de ADEGA de desbotar o proxecto de macropiscifatoría de Stolt Sea Farm e incluir a Punta dos Corvos este territorio na Rede Natura, anunciou que NON SE VAI INSTALAR NINGUNHA PISCIFATORÍA NESTE ESPAZO.

Aliás, manifestou tamén o compromiso do seu departamento de incorporar esta área á Rede Galega de Espazos Protexidos, cunha figura de protección acorde cos valores naturais desta costa.

Dende ADEGA acollemos con satisfacción esta decisión, que non é allea á intensa campaña levada a cabo por ecoloxistas e veciños en defensa do medio ambiente de Corrubedo en particular, e da Rede Natura galega en xeral. Os casos das macropiscifatorías de Corrubedo, Touriñán e Rinlo, recentemente desbotados pola administración ou o propio TSXG, poñen de manifesto o compromiso e a madurez da sociedade galega na defensa do noso Patrimonio Natural. No entanto, lembramos á administración a urxencia de ampliar a cativa Rede Natura Galega (a penúltima en extensión de todo o estado) e de dotar a esta e a outras áreas protexidas dos correspondentes PORNs (Planos de Ordeación dos Recursos Naturais) e PRUXs (Planos Regulamentadores de Uso e Xestión), para facer compatíbel a conservación dos valores naturais co aproveitamento sustentábel dos seus inmensos recursos económicos, sociais, culturais, etc.

Temos tamén que por de manifesto que aínda penduran ameazas herdadas da planificación insustentábel e depredadora deseñada polo anterior governo sobre outros espazos protexidos da costa e o interior. É unha herdanza envelenada que, como o Planos Sectoriais Hidroeléctrico e Eólico ou o propio Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, segue a condicionar en grande medida a nova planificación sectorial que precisa este país, hipotecando as posibilidades de acadar un desenvolvemento sustentábel nos planos ecolóxico, económico, e social.

ADEGA reafirma o seu compromiso irrenunciábel coa defensa ecolóxica de Galiza, e a súa vontade de seguir alerta contra os proxectos que maltraten o noso patrimonio natural. No día de hoxe, e a falla dunha definitiva confirmación oficial, a cidanía galega e o pobo de Corrubedo pode comezar a albiscar un futuro verde para este outro cabo do mundo.

Adega , 2006-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES