Notas de prensa

Organizacións estudantís pídenlle á Consellaría de Educación que “sexa responsábel” e que “o curso próximo ningún instituto imparta menos do 50% das aulas en galego”

O Sindicato de Estudantes (SE), os Comités Abertos de Estudantes (CAE) e A Mocidade pola Normalización Lingüística din que “aos estudantes nos negan os nosos dereitos lingüísticos”.

A Mocidade pola Normalización Lingüística (organización xuvenil da Mesa), o Sindicato de Estudantes (SE) e os Comités Abertos de Estudantes (CAE) fan un chamamento conxunto para que a Consellaría de Educación “sexa responsábel” e “garanta que en ningún instituto de Galiza se vai impartir para o curso próximo menos do 50% do ensino en galego”, até acadar así unha completa normalización. Este mínimo do 50% para ESO, bacharelatos e ciclos formativos está estipulado no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado por unanimidade no Parlamento galego en setembro de 2004.

Estas tres organizacións xuvenís recordan que en Galiza se están a vulnerar os dereitos lingüísticos dos estudantes, como constataron organismos internacionais como o Consello de Europa. “Igual que nós temos que cumprir coas nosas obrigas, estudar, aprobar e dar contas, tamén a Xunta de Galiza e a Inspección Educativa teñen o deber de cumprir tamén coas súas. Teñen obriga de cumprir os tratados internacionais, teñen obriga de cumprir as leis e teñen obriga de cumprir os acordos parlamentarios.”

A Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo tamén demanda a aplicación do Plan para o curso 2005/06

A Xunta da Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo (Universidade de Santiago) aprobou por unanimidade secundar a reclamación da Mesa de que para o curso próximo se aplique o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega no ensino. Ademais, acordaron escribirlle á Secretaria Xeral de Política Lingüística e á Conselleira de Educación para lles reclamar que se garantan os mínimos de ensino no noso idioma.

A Mesa pola Normalización Lingüística, 2006-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES