O Diario Oficial de Galicia publica o 11 de xullo de 2006 o Decreto 108/2006, do 15 de xuño, da Consellería de Innovación e Industria, polo que se establece a ordenación turística dos restaurantes e as cafeterías da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta norma ven actualizar a lexislación sobre esta materia (a regulamentación en vigor destes establecementos, de ámbito estatal, data de 1965).
Como novidades desta norma cabe destacar, en primeiro lugar, que o proxecto introduce a figura da casa de comidas, xa definida pola Lei de Turismo de Galicia 9/1997 de 21 de agosto, e á que agora se lle dota de contido establecendo os requisitos que deberán cumplir os restaurantes para poder usar esa denominación. Tamén se recollen os requisitos e condicións mínimas que haberán de cumprir os restaurantes e as cafeterías segundo a categoría pretendida, así como unha serie de disposicións comúns tales como a obriga de exhibir unha placa identificativa no seu exterior, o deber de colocar no interior dos locais o aforo máximo autorizado ou a necesidade de velar pola limpeza, calidade e conservación dos servizos e instalacións.
Polo que respecta ás disposicións aplicables unicamente aos restaurantes, ademais da regulación dos menús, hai que salientar as peculiaridades que o decreto recolle respecto aos salóns de banquetes, aos que considera restaurantes especiais.
As cafeterías, pola súa banda, poderán ofrecer ao público os pratos combinados da casa que estimen pertinentes.
Simplificación de trámites
O decreto ven tamén simplificar as normas de autorización de apertura e clasificación turística, de xeito semellante ao resto das empresa turísticas que se están a regulamentar. Así, substitúese o sistema de dobre autorización establecido na normativa estatal actualmente aplicable por unha única autorización definitiva. O texto intróduce tamén a obriga dos establecementos de cumprir coas disposicións vixentes reguladoras da venda, subministro, consumo e publicidade do tabaco, dacordo coa lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.