A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, e vista a proposta do xurado nos concursos de ideas a nivel de proxectos de contidos multimedia e audiovisuais para diversas salas da exposición "galiciadixital", ven de resolver os proxectos gañadores presentados polas Universidades e entidades públicas participantes no devandito concurso.
Co obxectivo de incorporar novos contidos e facer realidade novos proxectos para as diferentes salas que compoñen a exposición "galiciadixital", convocouse un concurso de ideas para universidades e entidades públicas e outro para empresas do sector, ambos abertos, anónimos e con participación de xurado, para propiciar a realización de propostas para dita exposición utilizando os recursos técnicos existentes nas salas de galiciadixital, empreguando a escenografía existente nas mesmas, ou ben propuseran a actualización parcial ou total dos actuais equipos e infraestructuras para os contidos que se ofertaran.
Nos mencionados concursos o xurado valorou especialmente aquelas propostas baseadas en solucións tecnolóxicas innovadoras que determinen unha mellor racionalidade dos investimentos, asumindo o concursante a instalación de equipos e a realización da escenografía necesaria no seu caso.
Así, polo que respecta a universidades e entidades públicas, recoñeceronse os proxectos presentados polas tres universidades públicas galegas para a renovación dos contidos de 5 salas da exposición, repartíndose mais de 270.000 euros entre os 7 proxectos gañadores.
Pola parte das empresas do sector, a gañadora foi Enxebre Sistemas, SL, que presentou unha proposta que engloba dous proxectos: Os Ancares, unha producción 3D sobre o interior de Galicia, temática non contemplada ata o de agora na exposición "galiciadixital", e o "Presentador Virtual", que destaca polo seu sorprendente impacto visual holográfico en imaxe 3D.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.