Notas de prensa

Nova Zelanda interésase pola colaboración con Galicia en materia científica, pesqueira e cinematográfica

O presidente da Xunta reuniuse co embaixador deste país en Madrid, Geoffrey Kenyon.

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, reuniuse co embaixador de Nova Zelandia en Madrid, Geoffrey Kenyon, con quen analizou vías de cooperación materia científica, pesqueira e cinematográfica. Neste encontro, celebrado en Monte Pío, tamén participou o secretario xeral de Relacións Exteriores, Santiago Gómez-Reino.

O embaixador Kenyon interesouse pola evolución de diversos sectores económicos da Comunidade galega e anunciou a vontade de Nova Zelandia de incrementar as relacións tanto institucionais como entre organismos científicos, universidades e empresas entre os dous países.

Neste sentido, salientou a experiencia galega en pesca e acuicultura como un dose idos máis afíns á realidade neocelandesa. Geoffrey Kenyon indicou que Nova Zelandia ten unha industria importante arredor da produción do mexillón e que podería intercambiar estudos e solucións con Galicia neste terreo.

Así mesmo, preguntou por sectores emerxentes en Galicia como a biotecnoloxía, as enerxías alternativas e a animación cinematográfica. O embaixador neocelandés lembroulle ao presidente da Xunta que no seu país rodáranse todas as películas da zaga do Señor dos Aneis e que tiña interese en contactar cos especialistas galegos nesta industria para analizar posibles vías de colaboración.

O titular da Xunta amosouse partidario de comezar o traballos que permitan crear estes “espazos de colaboración” con Nova Zelandia e comunicoulle os principais obxectivos que Galicia se está a marcar para un despegue dos centros de investigación científica. Emilio Pérez Touriño augurou un “bo futuro” para a colaboración futura entre institucións, empresas, organismos e universidades de Galicia e Nova Zelandia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2006-06-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES