
Despois de que a selección galega masculina de baloncesto debute en Lugo (Pavillón Municipal, 28 de xuño, 21.30h), é a quenda da selección feminina. Santiago Domínguez presentou o partido no que se miden as xogadoras galegas fronte ás de Xapón. O seleccionador galego, Juan Corral, presenten a rolda de prensa, destacou que elixindo Vigo faise unha homenaxe á cidade porque é o estandarte e o berce do baloncesto feminino galego. Para min é unha homenaxe ser o seleccionador coa gran calidade que hai de técnicos galegos.
Sobre a configuración da lista, Juan Corral dixo que foi creada en base a dous aspectos: a xente que está en mellor momento de forma e a xente que xoga na nosa comunidade ou ten xogado nalgún momento.
Antes do partido das seleccións absolutas de Galiza e Xapón, as veteranas galegas enfrontaranse ás veteranas da selección española (19.30h). O seleccionador galego, Víctor Varela, reiterou a importancia de que sexa Vigo a cidade de acoller este estreo: Sen Vigo sería imposible facer esta selección afirmou-. Tentamos facer unha selección representativa de todo o baloncesto galego e con xente de gran calidade que conseguiu grandes resultados deportivos na súa época.
Pola súa parte, Santiago Domínguez animou á cidadanía a que participe e lembrou que o partido de veteranas un grande espectáculo que nos fará recordar os vellos tempos. O director xeral para o Deporte tamén insistiu en que a selección galega nace co obxectivo de perdurar polo que a partir de agora haberá un contacto permanente coa federación para tentar xogar durante o ano, de xeito itinerante para que toda Galiza poida ver a súa selección.
As entradas para o partido das seleccións femininas en Vigo están á venda nas oficinas do Vigourban en horario de 17h a 20h ao prezo de 3, agás para os menores de 16 anos, que poderán acceder gratuitamente.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.