Notas de prensa

Resolta a 4ª edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

Con dúas modalidades, ensino primario e ensino secundario, os centros seleccionados reciben un premio de 10.000 euros cada un.

Reuniuse no Museo do Pobo Galego o xurado da cuarta edición do
Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas. O premio que lembra a
figura do sobranceiro etnógrafo e profesor natural de Cotobade
procura impulsar proxectos de investigación e coñecemento do
patrimonio cultural desenvolvidos dende as escolas e institutos pero que insiran a toda a comunidade educativa.

O Xurado, formado polo Director Xeral de Patrimonio Felipe Arias
Vilas, Mar Llinares García representando á Fundación Caixa Galicia, Verónica Rego López por Caixanova e representantes da Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego, decidiu por unamidade seleccionar na modalidade de Ensino Primario o proxecto Educaldea do CEP Antonio Brea Segade de Taragoña e, en Ensino Secundario, ao IES Pontecaldelas coa proposta de O Patrimonio, un recurso endóxeno ameazado e esquecido.

A iniciativa da Fundación Antonio Fraguas, está patrocinada pola
Fundación Caixa Galicia e por Caixanova e lanzouse por primeira vez no ano 2003. Dende entón, son xa catro edicións, nas que, recibiron o premio na modalidade de Ensino Primarioo proxecto O Mar,doColexio Público de Ensino Primario de Xuño,Os Hórreos do Concello de Ribeira de Piquín, presentado polo CEIP Aníbal Otero de Ribeira de Piquín e A toponimia do Val Miñor, presentada polo CEP A Cruz de Camos- Nigrán. Na modalidade de Ensino Secundario oproxectos Obradoirode cultura popular, historia local e medio ambiente, presentado polo Colexio Público integrado “Alfonso VII” de Caldas de Reis,Muíños de Agua no Concello de Foz, presentado polo IES de Foz e o proxecto intercentros do Condado, O patrimonio das pesqueiras do Miño, presentado polo IES Pedra da Auga de Ponteareas e mais polo IES Pazo da Mercé de As Neves.

NotaA dotación de dez mil euros en cadansúa modalidade, aportada polas entidades patrocinadoras, destinarase a desenvolver os proxectos seleccionados ao longo do próximo curso lectivo. O resultado final dos traballos preséntase nunha exposición que se presenta a comezos do curso.

Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego, 2006-06-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES